Amosando publicacións coa etiqueta club de ciencia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta club de ciencia. Amosar todas as publicacións

16 setembro 2026

Retomamos os clubs!

 Os clubs de ciencias, lectura, radio e polos creativos xa están en marcha e xa temos horario para que non perdades ningunha sesión.

En outubro comezarán as sesións que estamos "cociñando" e, por suposto, queremos darlles unha benvida moi especial aos nenos e ás nenas que comezan en primeiro e que participarán nestas actividades voluntarias. Esperamos que poidan desfrutalas, compartir con rapaces e rapazas doutros grupos e aprender dun xeito divertido.

Tamén necesitaremos en breve axudantes para a biblio, pois axiña comezará a funcionar durante o tempo de lecer e axudantes para o equipo de dinamización lingüística. Sabemos que hai moitas boas ideas por aí adiante e non podemos perdelas!

Se aínda non vos anotastes en nada, quedan prazas no Club de Lectura e acollémosvos con gana!



04 marzo 2024

Maleta viaxeira CEIDA


Durante o mes de febreiro tivemos na nosa biblioteca os libros da maleta viaxeira mariñeira de CEIDA. Seguiremos colaborando en futuras ocasións! 



15 novembro 2022

Experimentos na biblio


O martes 15 de novembro tivemos na biblioteca un pequeno laboratorio con dous experimentos, un dos actos para conmemorar o mes da ciencia. Marcos, Irene e Alba demostráronos e explicáronos como se consegue o campo magnético que move unha rosa dos ventos e como se consegue a división cromática. Canto aprendemos!

    
                                       





E o martes 23 tivemos durante o recreo a segunda tanda de experimentos na biblioteca para comemorar o Mes da Ciencia. En concreto, fixemos o da imantación de papeliños e tamén conseguimos un arco da vella ben fermoso. Grazas a Natalia, Marcos, Patricia, Irene, Yeray, Marcos por realizalos e explicárnoslos e aos que vos achegastes para descubrir os logros!