domingo, 27 de novembro de 2022

Talking about books

Desde o Departamento de Inglés, Sandra Ramilo traballou co seu alumnado a maneria de expresar a súa opinión sobre libros. De momento, gravouse cun celular pero confiamos en que en breve o poidamos facer empregando xa os micrófonos e os auriculares da nosa miniestación de radio. Parabéns por este traballo e polo voso inglés ben pronunciado! Well done you! 

So, here are your chats talking about books! Laura and María chose Stranger Things. 



Pablo, Alejandro, from 1º B, and Carla and Mariña, from 2º B, talked about Harry Potter.




Denise and Carol, from 2º A, express their opinion about Invisible, by Eloy Moreno. 



Fátima and Noa had a quick chat about Nubes de evolución by Andrea Maceiras.

And finally Saray and Sara has expressed their opinion of the manga One Piece written by Eiichiro Oda.








 

xoves, 24 de novembro de 2022

25 N


 















    Ademais destes textos poéticos, poderás escoitar unhas conversas en inglés, inspiradas nos elementos da exposición. 







domingo, 20 de novembro de 2022

Inma López Silva: "As Rosalías no teatro galego".

O xoves 17 de novembro gozamos da presenza de Inma López Silva, profesora na ESAD en Vigo, poeta, novelista e ensaísta, na nosa biblioteca. Abordou á faceta menos coñecida de Rosalía, a de actriz e música, pasando a reflexionar sobre a peza dramática homónima de Otero Pedrayo e as dúas versións escénicas que delas fixo Roberto Vidal Bolaño co Centro Dramático Galego. Para adornar o encontro tivemos un cartaz que nos prestou Paco, da editorial Positivas. Vaia o noso agradecemento aos dous. 

Como lembranza deste encontro quédanos tres exemplares firmados da autora: Concubina
Chámame señora pero trátame coma un señor e O libro da filla.

Esta actividade inclúese no programa "¿Por qué leer a los clásicos?" do Ministerio de Educación e Cultura.









luns, 14 de novembro de 2022

Experimentos na biblio


O martes 15 de novembro tivemos na biblioteca un pequeno laboratorio con dous experimentos, un dos actos para conmemorar o mes da ciencia. Marcos, Irene e Alba demostráronos e explicáronos como se consegue o campo magnético que move unha rosa dos ventos e como se consegue a división cromática. Canto aprendemos!

    
                                       





E o martes 23 tivemos durante o recreo a segunda tanda de experimentos na biblioteca para comemorar o Mes da Ciencia. En concreto, fixemos o da imantación de papeliños e tamén conseguimos un arco da vella ben fermoso. Grazas a Natalia, Marcos, Patricia, Irene, Yeray, Marcos por realizalos e explicárnoslos e aos que vos achegastes para descubrir os logros! 

                                                 









domingo, 13 de novembro de 2022

Sesión de formación: radio na biblio

 

O luns 14 de novembro teremos a primeira sesión do seminario de formación do alumnado e profesorado. Centrarémonos na creación de contidos para a radio e nesta ocasión acompañaranos a poeta e profesora Rosalía Fernández Rial, do CPI Cabana de Bergantiños. Será unha forma diferente de apender nunha tarde de luns! 


Rosalía Fernández Rial fíxonos pasar unha tarde estupenda na biblioteca. Seguindo o fío das bibliotecas escolares deste ano, a escritura creativa, contamos a nosa propia versión do afundimento do mercante fruteiro Banora en Camariñas. 

Ocorreu o 18 de novembro de 1965 e considerouse un naufraxio feliz en tanto que non houbo vítimas mortais e sempre se lembra a chegada ás costas de Camariñas e Muxía de 1.600 toneladas de laranxas, recollidas despois en carros, carretas e sacos polos aldeáns. As pequenas laranxas marroquís do Banora encheron os cabanotes das casas da zona. Por mor da masiva inxesta de cítricos houbo frecuentes diarreas entre a veciñanza e outra xente da comarca. 

Pois ben, inspirándonos nesta historia, deunos tempo a crear o guion, ensaiar un pouco e baixar á emisora a gravar toda a ficción! Grazas a todas e todos por participar! Grazas, Rosalía, por compartir connosco esta tarde de luns diferente! 







 




martes, 8 de novembro de 2022

Gañadoras e gañadores


 

As gañadoras e gañadores dos diferentes concursos da biblioteca son:

 

Cazatesouros “Manuel María”:

Pablo Varela Añón (1º B)

Marcos Señorís (4º B)

Iago Canizás Trigo e Gabriel Pérez Suárez (2º PMAR) polo seu bo recitado.


 

Concursos de escritura creativa de Samaín:

Elexías:

1º B

Oliver Martínez Varela

2º A

Ángela López Trigo


2º B

Mireia Couto Baamonde

 

Microrrelato de medo:

1º A

Carla Busto Varela 


1ºB

Moisés Pérez Verdes



 

Día das Escritoras:

Recitadoras e recitadores do Día das Escritoras:

1º B

Iker Veiga Varela


 

2º B

Estrella Ramos Aldao


3º A

Miguel Bermúdez Varela

Parabéns a todos por participar! 





 

domingo, 6 de novembro de 2022

Club de lectura de familias

 

Os luns 21 e 28 de novembro tivemos o club de lectura de familias de 15 h a 16 h e de 18 h a 19 h, respectivamente. A obra elexida é As ramonas de Ana Cabaleiro, novela gañadora do Premio de Novela Manuel García Barrios no ano 2018. 


Neste club, e seguindo o lema das bibliotecas escolares deste ano, ademais do intercambio de opinións orais recolléronse as opinións por escrito. Un retrato de Ana Kiro presidiu a mesa no club de hoxe, porque era a sintonía que escoitaban Moncha e Mona mentres ían no coche. O humor, a ironía, a sinxeleza, a estrutura, a presenza do rural nunha obra con inxenio foron moitos dos trazos dos que falamos! Todos e todas nos rimos lendo as adversidades que lle ocorreron á grande artista Mona Otero! Grazas a todas pola vosa participación! 









Mes da Ciencia


O
 manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Á biblioteca Manuel María chegaron hoxe dúas exposicións itinerantes, “Morcego de Galicia” de CEIDA e “Recursos naturais de Galicia” da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, da Universidade de Vigo. Vaia o noso agradecemento ás entidades colaboradoras e ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía. 

Asemade, disporemos dunha maleta viaxeira literaria inspirada en temas de Bioloxía e Xeoloxía, tamén de CEIDA, coa que enriquecer a oferta da “Hora de ler” nos grupos de 1º ESO.

Desde a biblioteca iremos diseñando diferentes actividades. Grazas a Pino, Patricia e Irene pola súa implicación como voluntarias da biblioteca á hora de montar os cartaces! 

Imos aló!