Onte, 10 de novembro, celebrouse o Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, unha data ideal para lembrar que a ciencia non vive só nos laboratorios con batas brancas, senón que forma parte do noso día a día... e tamén estache agardando entre as estantes da nosa biblioteca, porque tamén se enmarca no Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas.
Ao fin e ao cabo, que é un libro de experimentos se non unha porta aberta á curiosidade? Igual que cando abrimos unha novela para descubrir un misterio, facer un experimento científico supón formular unha pregunta, probar hipótese, observar con atención e deixar que a realidade nos sorprenda.
Para celebrar esta data como se merece, fixemos da biblioteca un pequeno espazo de descubrimento. Tes algunha vez a curiosidade por saber...
- Como se crea unha tinta invisible?
- Por que algúns líquidos reaccionan ao misturarse?
- Ou cal é o segredo físico detrás do funcionamento dunha brúxula?
Non fai falta maquinaria complexa: moitas veces só se necesitan materiais sinxelos, un chisco de imaxinación e, por suposto, un bo manual de consulta.
Acércate pola biblioteca, bótalle unha ollada á nosa sección de divulgación científica e atreveuse a probar. Porque ler é maxia, pero facer que a ciencia cobre vida coas túas mans é pura aventura!
Cal vai ser o teu primeiro experimento? Contádennos nos comentarios ou vinde compartilo coa comunidade.













.jpg)
_censored.jpg)







