27 marzo 2026

FALEMOS + GALEGO

Combinamos aquilo de que unha imaxe vale máis que mil palabras e deixámosvos as bases para o concurso FALEMOS + GALEGO. Animádevos a participar e recordade que, fóra da fase inicial no noso centro, poderedes chegar a competir con outras propostas de centros da Costa da Morte e asistir á gala final de premios!





Club de lectura de docentes

 Nova xuntanza do club de lectura de profesorado, onde nos centramos en Yeguas exhaustas de Bibiana Collado Cabrera, cuxa contido resoa na experiencia de moitísimas mulleres adquirindo o carácter de biografía xeracional que terá eco durante as próximas décadas.





06 marzo 2026

#EPLAMBE26


Para quen non nos siga en redes, deixamos unha pequena reportaxe fotográfica do Encontro PLAMBE celebrado onte en Santiago de Compostela ao que tivemos o privilexio de asistir. Día moi proveitoso para seguir mellorando día a día a biblio do centro. Próxima parada: Xornada dos clubs de lectura. Curso 2025-2026!


Quentando motores!


Relatorio inaugural de Daniel Cassany

Miscelánea de obras foco do encontro

Gozando con Piu Martínez






 

04 marzo 2026

Obradoiros 8M

Hoxe tivemos á Asociación Visibles impartindo varios obradoiros de igualdade e educación afectiva a todos os grupos do centro no marco da celebración do 8M. A actividade, conxuntamente organizada dende o departamento de Orientación e a biblioteca, contou co apoio do concello de Malpica, ao que enviamos o noso agradecemento.