luns, 27 de novembro de 2023

25 N







 

Club de ciencia durante o recreo

O noso agradecemento aos integrantes do club de ciencias polos seus experimentos durante o recreo así como ás profesoras Alba e Laura! 








Encontros de bibliotecas

O sábado 18 de novembro tivemos en Santiago as xornadas de bibliotecas escolares. As sesións máis interesantes foron as dedicadas á banda deseñada en especial a inaugural de Miguel Anxo Prado titulada "Imprescindibles Bedetecas". Entre as súas recomendacións figuraron títulos que temos incluídos no noso plan lector de 1º e 2º de ESO. Os nosos parabéns á profesora Laura por acertar de cheo na elección dos títulos!




De grande proveito foi tamén a intervención de Sira González e Xosé Antón Vilaverde, quen fixeron a súa escolma de banda deseñada e manga segundo grupos de idades. Pecharon este encontro Xulia Pisón, autora de Microalgas, e Jorge Campos, quen deseñou a cartelería de bibliotecas escolares deste ano e colaborador de Papapagaio

Foi dende logo un sábado moi ben aproveitado no que tomamos moitas ideas para a nosa biblioteca.







Club de lectura no IES Maximino Romero de Baio

O xoves 16 de novembro convidáronos a participar no club de lectura de adultos no IES Maximino Romero de Baio ao que asistiu a premio nacional de teatro Paula Carballeira para falar da súa obra As alumnas. 

Foi un encontro moi distendido no que intercambiamos opinións enriquecedoras sobre a obra. No recibidor do instituto había un escenario que recreaba a estética duns anos non moi lonxanos nos que a muller tivo que loitar moito para obter un espazo no eido do ensino. 

Os nosos parabéns ao equipo da biblioteca do IES Maximino Romero! 

Podedes ler a nova deste marabilloso club de lectura na Voz de Galicia


(Publicada en La Voz de Galicia)


(Publicada en La Voz de Galicia)





Exposición "Compañeiras do mar e do ceo"

 Para conmemorar o mes da ciencia en galego temos a exposición Compañeiras de mar e ceo procedente de CEIDA. Pasade a vela e levar libros sobre a ornitoloxía marítima! Sabiades que o novelista Héctor Pose, autor que nos visitará en breve, participou nun libro de divulgación científica sobre as aves en Malpica?