Xa temos na biblio e por un mes a maleta literaria do Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA).
A través do seu Centro de Documentación Ambiental, pon a disposición de todos os centros educativos de infantil e primaria unha colección de contos para achegarse á natureza a través da literatura. Trátase dunha selección de recursos motivadores para a educación ambiental, mais tamén para a animación á lectura, para imaxinar, divertirse, e emocionarse coas súas personaxes e historias.
A maleta literaria pretende que os nenos e nenas de idades temperás se acheguen a mundos máxicos que están moito máis preto do que se imaxinan. Coñecerán criaturas e seres incribles que son imprescindibles para a vida na terra. E aprenderán a relacionarse co mundo que lles rodea.
A maleta literaria apoia os Obxectivos número 13 “Acción por el Clima”, 14 “Vida submarina” e 15 “Vida e Ecosistemas Terrestres” dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (Axenda 2030).

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!