sábado, 23 de abril de 2022

Premio dos Clubs de Lectura 2022 para Antía Yáñez Rodríguez


 Parabéns desde a nosa biblioteca para Antía Yáñez por ese ben merecido premio! 


(Fonte: Wikipedia)

Marcapáxinas DÍA DO LIBRO

 E seguimos aportando elementos para conmerar o Día do Libro, agora coa creación dos marcapáxinas cos vosos debuxos! Grazas a Noa Caamaño e a Anxo Varela de 1º A! 




mércores, 20 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO E DA ROSA

 Hoxe comezamos coa celebración do Día do Libro, ou máis ben coa Semana do Libro. Os libros da sección de poesía precisamente non son os máis prestados e para iso imos procurar o motivo da rosa neles. Veredes todo o rendemento que tivo na poesía de todos os tempos! Ao longo desta semana e da seguinte iremos informando dos recitais, da lectura dalgunhas pasaxes do Quixote e das actividades na nosa biblioteca. Aló imos!

















  
  
 

 





    Hoxe mesmo incorporamos dous títulos ao noso fondo: a antoloxía ilustrada de poesía Dicen que no hablan las plantas e unha versión adaptada en forma de novela gráfica de Nada, de Carmen Laforet. 
































Eres tan alta como una torree, 

una torre en el mes de abril, 

cuando los pájaros cantan 

y las flores salen por fin. 

¿Será que la primavera 

ya ha llegado al Urbano Lugrís? 


(Mireia Couto, 1º B)


La medusa es como el cristal, 

transparente como el viento 

y todos los movimientos 

los siento como un niño igual. 


(Mateo Trigo, 1º B)



venres, 8 de abril de 2022

Textos teatrais gañadores

Algúns dos premiados

(Con redobre de tambores e tembrar de panderetas...) 

E o alumnado gañador dos textos teatrais é: 

1º A: Andrea Vila Amado

1º B: O grupo de Teo Blanco Trigo

2º A: Eva Blanco Ferreiro

2º A: Noa Varela Cambre

4º B: Manuel Rellán Mato e Raúl Pérez

Grazas por participar e parabéns aos todos vós!