07 outubro 2026

Ktorce18

Onte o alumnado de 1º e 3º da ESO participou nos obradoiros do programa Ktorce18, da Asociación ARELA e a Fundación Barrié, traídos ao centro polo departamento da Orientación e coa colaboración da biblioteca.

En 1º da ESO traballamos a prevención do acoso escolar e a importancia de non quedar á marxe cando alguén está a sufrilo. En 3º, falamos das condutas infractoras máis habituais na adolescencia e das súas consecuencias sociais e xurídicas.

Grazas a Alba, de ARELA, por achegar estes temas ao alumnado e abrir un espazo para debatir e reflexionar.




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!