luns, 18 de marzo de 2024

Club de lectura: Pegadas de tinta

Onte luns, 18 de marzo, tivemos o noso club de lectura centrado nesta ocasión na novela Pegadas na tinta, de Clara Vila-Amado. O xénero detectivesco segue sendo un dos nosos favoritos para a etapa ardua dos exames. Valorouse moi positivamente esta novela polo suspense e a intriga. 

Hermontis, situada cerca de Menfis, é unha cidade tranquila. O asasinato do gobernador veu a que Harsa e Takara comezasen unha investigación que lles levou a ter moita información desacougante sobre o seu lugar. 

Tivemos que adiar o club de lectura de nais para o vindeiro 8 de abril. 

Deica o seguinte club! 







Día da Prensa na biblioteca con César Rodríguez

O luns 18 tivemos a sorte de ter na nosa biblioteca a César Rodríguez, responsable da edición, distribución e creación de contidos dixitais de La Voz de Galicia dende o ano 2004, quen nos impartiu unha charla sobre as fake news ao alumnado de 2º, 3º e 4º de ESO. 

Vivimos na época da urxencia, na que se crean bulos e novas rápidas sen moita reflexión, unha tendencia que xa comezou aló polo final do s. XIX canda o Desastre do 98. De aí que sexa necesaria sempre unha actitude reflexiva ante as novas que consumimos no noso día a día e máis agora dende a aparición da intelixencia artificial. 

Con el conmemoramos o día da prensa na biblioteca. 

Grazas, César por vir ata o noso instituto! E grazas tamén ao noso alumnado polo seu bo comportamento! 











Nova estación de radio

 A semana pasada quedou montado o estudio de radio co novo equipamento. Poquiño a pouco iremos creando un espazo máis confortable pero polo de agora o paso dado xa é importante: temos un espazo no que cabemos máis xente e cun equipamento bo. Todo isto foi posible grazas a ser seleccionados dentro do programa "Radio na biblio". 

Alí xa impartimos dúas clases de Lingua castelá de 3º de ESO dedicadas á mística e tamén os alumnos de 2º e 1º de ESO entrevistaron a Shara, a nosa querida auxiliar de conversa. 








Puzles literarios

    E as queridas alumnas de 3ºB, Sara, Carla, Saray e Sabina comezaron outro puzle literario de mil pezas, actividade que as mantén concentradas durante os recreos activos da biblioteca. Parabéns! 






 

luns, 4 de marzo de 2024

8M







Aquí temos algunhas das recomendacións literarias para esta data e todo o mes de marzo. Pasade polo mostrador cando queirades! 

Co gallo desta data conmemorativa, as alumnas de 3ºB elaboraron un guion radiofónico que falan da importancia da muller no mundo do fútbol. Cada vez máis na contorna de Malpica son as mozas que gozan deste deporte, xa non visto como discriminatorio senón representativo do avance da muller na escolla da práctica libre do deporte. 

Guion de radio

 

Sara Mato Loureiro, Saray Veiga Dourado, Sara Trigo Rodríguez e Carla Trigo Rodríguez 3ºB

 

FÚTBOL FEMININO

 

Sara.T: Ola a todos, son Sara Trigo e hoxe estamos aquí con Saray, Carla e Sara Mato. Mañá, 8 de marzo, celébrase o día da muller traballadora. Que significa para vos o 8M?

 

Saray: Pois para min o 8M é un día no que se reivindica a muller en todos os seus aspectos, e se recorda todo o que tivo que pasar ata hoxe para poder ser aceptada nesta sociedade, tanto polo traballo, como polo soldo, ou mesmamente polo deporte. Ainda así, actualmente ainda se segue loitando buscando a igualdade total entre homes e mulleres.

 

Carla: Desde o meu punto de vista, o 8M é a conmemoración da loita das mulleres para lograr a súa participación activa na sociedade e a igualdade co home. Ademais, é un día para destacar a importancia das mulleres en todos os entornos e protexer os seus dereitos. Asúmese que a muller debe ter un rol principal de esposa e nai, por enriba das súas aspiracións profesionais, personais e a falta de recoñecemento no ámbito deportivo, especialmente na práctica do fútbol.

 

Sara Mato: Eu penso que o 8M é un día celebrado anualmente que conmemora o avance da muller, defendendo os dereitos humanos, a xustiza e a igualdade. Tamén é un día para recordar ás máis de 120 mulleres asesinadas pola policía tras manifestarse pola desigualdade salarial na industria textil no s.XIX, e tamén seguir loitando polo progreso da igualdade de xénero tanto no salario, no deporte e nas oportunidades.

 

Sara Trigo: Ben dito! Estamos dacordo en que as mulleres avanzamos moito nos nosos dereitos pero aínda non somos totalmente aceptadas en todos os ámbitos da sociedade e moitas veces somos menosprezadas. Un deses aspectos é o deporte, e dentro deste, o fútbol. Que pensades do futbol feminino? Credes que se avanzou?

 

Carla: Sobre as mulleres no fútbol penso que se avanzou moito con respecto a hai algúns anos, pero que aínda queda un longo camiño para conseguir o mesmo recoñecemento. Creo que este 8M tamén é para celebrar o grande esforzo de todas aquelas mulleres que levaron o fútbol feminino ata onde está hoxe en día.

 

Sara Mato: Eu diría que se avanzou bastante estes últimos anos, xa que antigamente, que unha muller xógase fútbol era considerado demasiado agresivo para unha, chegando a chamalas ‘marimachos’ o outros insultos por realizar un deporte que existe dende moitos anos atrás. Con todo, actualmente, aínda queda moito que avanzar, xa que polo normal, dáselle máis importancia ás categorias masculinas que as femininas. Isto supón que os entrenamentos sexan distintos, o que xa supón unha falta de igualdade, e se se dedican profesionalmente, probablemente reciban un soldo menor que a dos homes.

 

Saray: Na miña opinión actualmente as mulleres conseguiron ser algo máis aceptadas no deporte, como ben dis ti, no fútbol, pero ainda non acadaron o mesmo ou parecido público ca os homes. O fútbol feminino entrou con forza, sobre todo estes últimos anos, aínda que se lles segue poñendo obstáculos impedíndolle o seu avance, aínda que pouco a pouco o van conseguindo.

 

Sara: Moitas grazas por compartir convosco a vosa opinión sobre un tema tan importante e grazas a vós por escoitarnos. Feliz día da muller!




 

 

 

 

 





 

Club de xadrez












 

domingo, 3 de marzo de 2024

Actividades biblioteca no mes de marzo

 

Encontro con: 
César Rodríguez, La Voz de Galicia.
“As fake news na prensa escrita”.
Luns, 18 de marzo. Grupos: 4º A, 3º A e 3º B na hora de Lingua castelá e literatura.
(Conmemoración do día da prensa escrita)
 
Clubs de lectura: 
      a. 1º e 2º de ESO: Cazadora de estrelas, de María Canosa. Luns 22 de marzo, de 15 h a 16 h. 
      b. 2º e 3º de ESO: Heartstropper (vol. 1 e 2) e Antes de diciembre de Joanna Marcús. Un recreo de 11.15 a 11.45 h (por determinar). 
      c. 3º ESO A. Manga: Spy Family e Neon Genesis Evangelion (vols. 1 ao 3) alumnas. Un recreo de 11.15 a 11.45 h (por determinar). 
      d. Nais: Cárcere de mulleres de Marilar Aleixandre. Luns, 22 de marzo, de 18 h a 19 h, 

 
Radio na biblio: 
       a.Lectura dramatizada de Un hotel de primeira sobre o río, de Xohana Torres. 
       b. Lectura dramatizada de As alumnas de Paula Carballeira.
       c. Lectura dramatizada de El pasamanos de Paloma Pedrero. A terceira idade e a prensa. 
       
d. Explícamo cun verso. Unha emoción, un verso. Unha vida, un poema. 

(Conmemoración mes do teatro, da muller e da poesía). 

Club de xadrez (club de ciencias): 
Coa profesora Edda Beltrán.
Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º
Luns, 4 de marzo, ás 15 h. 
  
Hora de ler:
Día 6 - 6ª hora
Día 13 - 1ª hora
Día 20 - 2ª hora
 
 
Días conmemorativos: 


4 de marzo: día da prensa. 

8 de marzo, día internacional da muller. 

17 de marzo, día do cómic. 

21 de marzo, día mundial da poesía.

27 de marzo, día mundial do teatro.
 

 


Maleta viaxeira CEIDA


Durante o mes de febreiro tivemos na nosa biblioteca os libros da maleta viaxeira mariñeira de CEIDA. Seguiremos colaborando en futuras ocasións! 



Novelas románticas xuvenís


Aquí tedes algunhas das novidades de ficción sentimental incorporadas ao catálogo despois de escoitar as vosas suxerencias. Pasade durante os recreos polo mostrador para pedilas en préstamo. Agardámosvos!