luns, 23 de maio de 2022

GAÑADORAS E GAÑADOR DO CAZATESOUROS “LETRAS GALEGAS 2022”

Xa temos gañadores das Letras, e como moitos e moitas resolvestes ben o cazatesouros, tivemos que facer un sorteo e velaquí as premiadas e o premiado. Moitos parabéns e queremos ver esas bolsas axiña cheas de toallas e crema solar polas praias!

Iris, de 4º A

Carolina Veiga de 1º A

Óscar Ures, de 2º A
 

E moitas grazas a todos e a todas por participardes, non só coa composición e coa exposición, senón co cazatesouros, que realizastes con notable destreza e éxito.

E infinitas grazas ás persoas que colaborastes na exposición, na documentación e na condución desta actividade. A biblio é un lugar de encontrar e encontrarse!





luns, 9 de maio de 2022

FANZINE COLECTIVO NA BIBLIOTECA




A CREACIÓN PROPIA. FERRAMENTAS, FORMATOS E COÑECEMENTO

O 9 de maio tivo lugar na biblioteca un obradoiro no que se plantexou, a partires da transfomación de conflictos a través da arte e o xogo, a idea de que calquera persoa pode ser creadora. Quedou demostrado que conceptos como o talento, a creatividade e a motivación moitas veces poden crear obstáculos ou complexos, mais todos eles están dentro de nós. Por este motivo, partindo dun poema de Rosalía, o alumnado explorou as verbas que emerxen e destacan dos seus versos e, ao mesmo tempo, puxeron en práctica a escritura automática e o debuxo sen ningún tipo de expectativa. 
O principal obxectivo deste obradoiro foi poñer en valor o vivenvial e o coñecemento empírico como ferramenta de creación, ademais de ensinar os distintos formatos nos que se poden autoeditar as obras de creación propia. Neste caso, a creación final que se levou a cabo foi un fanzine colectivo.







 Dende aquí agradecémoslle a Irán Aranxa a súa entrega e os coñecementos aportados.

venres, 6 de maio de 2022

LETRAS GALEGAS 2022




Esta semana estivemos preparando a biblioteca para a celebración do Día das Letras Galegas 2022! Incorporamos tres libros de Florencia Delgao Gurriarán publicados en Galaxia, que xa tedes dispoñibles. 

Algún dos grupos participaron no cazatesouros sobre os cartaces que nos enviaron desde a consellería, nas aulas obviamente lemos varios dos seus poemas, apreciando a súa sonoridade, musicalidade, compromiso con Galicia así como a homenaxe a figuras da talla de Rosalía de Castro, Curros Enríquez, Otero Pedrayo ou Cunqueiro. Sexa como for, descubrimos un autor completo grazas ao Día das Letras Galegas, e sobre el traballaremos os días 18, 19 e 20 de maio. 


 Marta Agrasar, de 3º A, aportou un dos retratos que podemos ver na estrutura triangular da entrada.  





 



Desde o departamento de francés colaboraron salientando tres poetas que Gurriarán coñeceu ben pola súa faceta de tradutor, como foron Mallarmé, Valery e Rimbaud.













Os alumnos e alumnas de 2º A compuxeron uns acrósticos ben rimados que poderedes ler no expositor da biblioteca acompañando os cartaces.



















Incorporación de novos fondos

 Queremos agradecer ao concello de Malpica a donación do libro Florencio Delgado Gurriarán. Polos vieiros da saudade, de Héctor Cajaraville.