Bases do
concurso “Escribimos versos tristes ou micorrelatos de terror”
Samaín 2022
Quen che dixo que
non podías ser unha excelente Mary Shelley ou un Edgar Allan Poe? Gústache crear historias de terror ou medo? Es bo poeta e tes a virtude para
crear elexías? Invitámoste a participar no concurso de microrrelato de terror
da nosa biblioteca.
Haberá dous premios, un para o relato gañador ou os poemas tristes e
fermosos das alumnas e alumnos de primeiro ciclo de ESO (1º e 2º) e outro para
os de segundo ciclo de ESO (3º e 4º).
Deberedes entregar
en dous sobres separados:
1) No tamaño folio irá o texto firmado cun seudónimo. Por fóra
escribiredes: “Microrrelato/Elexía de Samaín 2022” e o voso seudónimo.
2) Nun sobre máis pequeno incluiredes os seguintes datos: por fóra figurará
o seudónimo e dentro escribiredes o voso nome real completo e o curso ao que
pertencedes (1º, 2º, 3º ou 4º de ESO).
Valoraranse a orixinalidade e a corrección idiomática dos textos. Aquel que
sexa plaxio doutro publicado será excluído.
Poderedes entregalo escrito a man ou mecanografiado pero lembrade que só
empregaredes como máximo 100 verbas.
O xurado estará formado polas profesoras e profesores que traballan no
equipo da biblioteca.
Data límite de entrega: no recreo do
venres, 4 de novembro de 2022.
Publicaremos o listado de gañadoras e gañadores o luns 7 de novembro no
blog da biblioteca.