02 outubro 2026

💻 O alumnado de 1.º da ESO descobre E-LBE.2!

Nestas últimas sesións realizamos unhas pequenas xornadas de formación co alumnado de 1.º da ESO para dar a coñecer o funcionamento de E-LBE.2, a plataforma de préstamo de libros dixitais e audiolibros das bibliotecas escolares galegas.

Durante estas sesións, os e as estudantes aprenderon a acceder ao catálogo, buscar títulos do seu interese e realizar préstamos dixitais para ler ou escoitar facilmente desde calquera dispositivo.

Coñecer estas ferramentas permite ampliar as opcións de lectura e aproveitar ao máximo os recursos dixitais que a nosa biblioteca pon ao seu alcance. Grazas a todos e todas pola vosa participación e entusiasmo!