19 outubro 2026

Días das Escritoras 2026

Hoxe celebramos o Día das Escritoras, unha data para poñer en valor a creación literaria feminina, visibilizar o traballo das autoras na nosa lingua e reflexionar sobre a importancia da literatura para entender o mundo que nos rodea.

Co motivo desta data, queremos destacar a figura e a palabra de Pilar Pallarés, unha das voces máis potentes, fondas e recoñecidas da poesía galega contemporánea (Premio Nacional de Poesía en 2019).

Hoxe La Voz de Galicia publicou unha entrevista a Pilar Pallarés na que a poeta nos convida a pensar sobre o sentido da creación, a memoria e a forza das palabras no marco da amizade. A súa traxectoria recórdanos a importancia de darlles ás escritoras o lugar central que lles corresponde na nosa cultura e no noso día a día.


Para sumarnos a esta celebración da mellor maneira posible —lendo e escoitando—, compartimos convosco este vídeo coa rapazada de 4.º en que a nosa compañeira Daniella pon voz a un dos poemas máis coñecidos do Livro das devoracións:


Recomendación da Biblioteca: Se quedes descubrir máis sobre a súa obra, pasa pola biblioteca do instituto! Na sección de poesía galega atoparás varios dos seus poemarios listos para levar en préstamo.

Animámonos a celebrar este Día das Escritoras lendo as nosas autoras e facendo soar a súa voz!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!