Deixámosvos o cartaz para anunciar aos gañadores da fase previa do certame Falemos + Galego, fallado a nivel de centro esta semana. Parabéns polo traballo e grazas tamén a quen participou. Os traballos seleccionados xa están de camiño para competiren o vindeiro 18 de xuño con catorce IES da Costa da Morte. Moita sorte!
22 maio 2026
15 maio 2026
Obradoiro Lucía Aldao
Onte tivemos o pracer de contar con Lucía Aldao! No contexto do mes das letras, fixemos un obradoiro de postais creativas con versos de poetas galegas nas que traballou o alumnado. Deixámosvos unha pequena mostra do seu talento. De seguro que nos próximos anos aproveitaremos as múltiples facetas de Lucía para amosarvos as aptitudes da nosa rapazada.
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
![]() |
12 maio 2026
Visita Antía Yáñez
Onte á tarde tivemos o privilexio de recibir a Antía Yáñez cun faladoiro sobre dúas das súas obras coas que o noso alumnado gozou recentemente: O misterio de Portomarín e O misteiro do torque de Burela. Poder coñecer en persoa e interactuar ao vivo coa autora engadiulle un grande valor á nosa experiencia lectora e a rapazada conectou con Antía ao instante. Esperamos poder contactar con ela nos próximos anos con novas lecturas. Velaquí un par de imaxes do encontro, atoparedes un saúdo especial da escritora burelá no post do noso Instagram.
08 maio 2026
Expo Carvalho Calero
Ricardo Carvalho Calero (Ferrol, 1910 – Santiago de Compostela, 1990) foi o escritor homenaxeado do Día das Letras Galegas do ano 2020. Representa unha das figuras máis importantes da cultura galega do século XX pola súa contribución ao estudo da literatura galega, por ser o primeiro profesor e catedrático universitario de Lingüística e Literatura Galega e pola influencia que atinxiron as súas ideas sobre o noso idioma.
A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña programou diferentes actividades para celebrar a figura de Carvalho Calero, mais algunhas delas foron adiadas pola situación da alarma sanitaria provocada pola covid-19. Chega agora ao noso centro esta exposición para recordar a unha das figuras máis influíntes da nosa lingua.
06 maio 2026
De Circe a Morgana
A Secretaría Xeral de Lingua envíanos a proposta De Circe a Morgana do IES Castelao de Vigo para darlle visibilidadde ao proxecto dunha muller transcendental no noso universo lingüístico e literario, pois a súa é uha escrita orixinal elaborada dende o feminismo, nas que nos ofrece outra perspectiva dos mitos clásicos e nos conida a abrir espazos de liberdade e reflexión colectiva como sociedade. Esperamos que gocedes do material!







































.jpg)
.jpg)
.jpg)
.jpg)
