O fotógrafo non fixo xustiza ao esforzo desta rapazada que traballaba a eito na súa alfabetización mediática e informacional, arredor da cal xirará grande parte do ano na biblioteca. É por iso que empregamos materiais do Obradoiro de Verificación do Programa Prensa Escuela de La Voz de Galicia.
A celebración desta semana constitúe unha ocasión importante para mobilizar as partes interesadas a escala mundial co fin de crear conciencia, fomentar a participación a nivel nacional e celebrar os avances logrados en materia de Alfabetización Mediática e Informacional para todas e todos.
En tempos de emerxencia como os que vivimos as bibliotecas escolares deben, máis que nunca, reforzar o traballo cos medios de comunicación e identificación das noticias falsas e as competencias ALFIN e AMI.
O lema deste curso escolar para as bibliotecas escolares de Galicia pon o foco no papel das nosas bibliotecas na formación de persoas críticas e de ofrecer á súa comunidade programas estables e sistematizados de alfabetización informacional.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!