luns, 19 de decembro de 2022

Clubs de lectura


Hoxe luns, 19 de decembro, tivemos dous clubs de lectura na nosa biblioteca. 

De 15 a 16 h houbo o club de lectura cos alumnos e alumnas de 1º de ESO centrado na novela Chámame Simbad, de Francisco Castro, e de 18 a 19 h tivemos o club de lectura de familias e nesta ocasión intercambiáronse opinións sobre a novela Unha árbore, un adeus, de Marina Mayoral. 

Grazas a todoas e todos por participar!








domingo, 18 de decembro de 2022

Parabéns a Alma e Daniela!

Alma Schurink e Daniela Varela, de 1º ESO, resultaron gañadoras da modalidade Premio Saúda de Prensa de Nadal do Concurso Escolar de Debuxo e Pintura de Nadal, convocado pola Concellaría de Cultura de Malpica.

Recibiron os agasallos na biblioteca do instituto de mans do alcalde, Eduardo Parga, e da concelleira de Cultura, Patrimonio e deportes, Noelia Freijeiro o venres 16 de decembro durante o recreo. 

Parabéns pola vosa creatividade! 




luns, 12 de decembro de 2022

Radio Faro

Onte luns, 12 de decembro, tivemos a segunda sesión de formación con Rosalía Fernández Rial, centrada nesta ocasión nos deportes. Para iso, inspirámonos en dúas pezas dramáticas, Esta noche, gran velada! de Fermín Cabal, unha comedia ambientada no mundo do boxeo e en O bululú do linier, de Cándido Pazó. Aprendemos ademais a manexar o Audacity ao engadirlle efectos ás gravacións obtidas da BBC. Moitas grazas, Rosalía, ao alumnado e profesorado! 






 

Experimientamos na biblio

O mércores 7 de decembro experimentamos con Natalia como observar as fibras do ADN a partir de guisantes e tomate. Despois de remexer cada sustancia nun morteiro engadímoslles alcohol e puidemos apreciar como se ían formando fíños brancos.