O martes 15 de novembro tivemos na biblioteca un pequeno
laboratorio con dous experimentos, un dos actos para conmemorar o mes da
ciencia. Marcos, Irene e Alba demostráronos e explicáronos como se consegue o
campo magnético que move unha rosa dos ventos e como se consegue a división
cromática. Canto aprendemos!
E o martes 23 tivemos durante o recreo a segunda tanda de experimentos na biblioteca para comemorar o Mes da Ciencia. En concreto, fixemos o da imantación de papeliños e tamén conseguimos un arco da vella ben fermoso. Grazas a Natalia, Marcos, Patricia, Irene, Yeray, Marcos por realizalos e explicárnoslos e aos que vos achegastes para descubrir os logros!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!