martes, 30 de maio de 2023

Mesas novas

Esta semana chegáronos catro mesas novas para a biblioteca procedente da Consellería de Eduación, que veñen con rodas e son pregables. Son moito máis manexables e operativas que as antigas. 

Tamén en breve comezaremos co abrillantamento do chan. 

Pouquiño a pouco imos renovando a nosa biblioteca, xa moi fermosa de por si. 

Mesa nova

(Mesa nova...)

Con rodas

(...con rodas)

A intención é ir retirando as mesas vellas por ser pouco operativas á hora de manexalas.





Encontro con María Rei Vilas

Onte martes tivemos na biblioteca municipal o club de lectura e encontro literario con María Rei Vilas, quen nos falou da súa marabillosa novela Flores de ferro.

Antes, a modo de roteiro literario, fomos desde o centro da nosa vila ata perto de Santo Hadrián, para contemplar o mar, que ben puidera ser o de Briana co seu "azul cincento" mencionado tantas veces na obra. 

Contamos nesta ocasión coa presenza dos clubs de lectura do CPI de Cabana de Bergantiños, que viñeron acompañados da súa profesora Carolina, integrantes do club de lectura de Carballo Aquelarre e público xeral de Malpica. 

Ao final gozamos dunha chocolatada con pan de ovo, convite da consellería de Cultura do concello de Malpica. O noso agradecemento tamén á ANPA "Orxeira" quen nos axuda sempre en todo o que lle pedimos. 

Foi un peche de ouro para os nosos club de lectura deste curso 2022-23! 










martes, 16 de maio de 2023

Comedias clásicas coa compañía Condetrespés

O luns 15 de maio tivemos a función teatral Pezas clásicas da compañía Condetrespés de Santiago de Compostela centrada na figura de Aristófanes. Queremos agradecerlle á concellaría de Cultura de Malpica a solicitude desta actividade e tamén á ANPA pola súa implicación. Grazas a Lois e a Pablo polo voso traballo! 








Ao rematar a función impartíronlle un taller de teatro ás alumnas de 1º de ESO. Confíemos en que poida haber colaboracións futuras. Longa vida ao teatro! 






 

Letras Galegas 2023










 

luns, 15 de maio de 2023

Club de lectura

O luns 8 de maio tivemos o noso club de lectura coas alumnas de 1º de ESO, a quen lle agradecemos a súa sempre boa predisposición. Nesta ocasión intercambiamos as opinións sobre a novela E Xoel aprendeu a voar de Marica Ocampo. 













Roteiro literario Carmen Martín Gaite

O sábado 29 de abril tivo lugar en Piñor o primeiro paseo literario en torno á narrativa de Carmen Martín Gaite. 

Aproveitamos para convidar a David González Couso, especialista na súa obra, a unha charla na nosa biblioteca o vindeiro curso. 

Na nosa biblioteca temos títulos seus como Caperucita en Manhattan, Retahílas e El cuarto de atrás






Exposición Roberto Vidal Bolaño

Tivemos a oportunidade de gozar da exposición de Roberto Vidal Bolaño na nosa biblioteca. A compañía Condetrespés representou hai uns anos a súa obra Rastros. Sabiades que a Roberto Vidal Bolaño lle dedicaron tamén un ano o 17 de maio? Sabedes cando foi? Con estes cartaces queremos tamén conmemorar o Día Mundial do Teatro. 




luns, 1 de maio de 2023

Elisa Delibes no noso instituto

O xoves 27 de abril fixemos historia pois fomos o primeiro instituto galego en recibir a Elisa Delibes, presidenta da Fundación Miguel Delibes. O primeiro foi concerderlle o agasallo da vista das illas Sisargas ante o que quedou abraiada. Despois percorreu a exposición e comentounos que habitualmente os institutos só piden as láminas de El camino e que moi poucos a exposición completa.

Despois de estar connosco foi ao centro cívico de Cabana de Bergantiños onde a esperaba todo o alumnado da ESO do CPI As Revoltas e os estudantes de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Alí uns alumnos e alumnas fixéronlle lecturas dramatizadas de El camino, Los santos inocentes e El hereje, entre outras obras. 

Fran Rodríguez e Patricia Blanco fixéronlle unha entrevista que publicaron na Voz de Galicia pero a nivel autonómico na sección de Cultura. Traballaremos con ela nas aulas nos vindeiros días. Tamén Marta Villar en La Opinión deu conta da exposición e da visita da presidenta de Fundación Miguel Delibes. 

Dificilmente esqueceremos este 27 de abril! Grazas, Elisa, pola túa humildade, cercanía e bondade!