mércores, 15 de xuño de 2022

DESPEDÍNDONOS E (RE)RECOMENDANDO

Ás nosas redes viñeron parar unhas mareas ben xeitosas. Como boa vila mariñeira, que mellor que despedírmonos do curso tecendo redes, de xeito metafórico, pero halando as redes tamén de xeito real. O verán, non cansamos de dicilo, é un período fantástico para mergullarse nas lecturas que nos prestan, naquelas que non están no plan lector, aquelas que nos quitan o sono, nos poñen os pelos de punta, nos namoran, nos mergullan nas historias ata facernos perder o sentido do tempo e do espazo...

Non deixedes de ler, pasade un bo verán!










martes, 14 de xuño de 2022

OS LIBROS SON (TAMÉN) PARA O VERÁN...

Xa están aquí algunhas das nosas recomendacións lectoras para este verán, porque unha sombriña e un bo libro, coas ondas e a brisiña do mar... non hai mellor plan!

Como sabemos que o verán é momento de lectura lixeira, que te atrape, que te traslade a outro universo, que che fale do amor, das amizades, das experiencias... fixemos unha selección un pouco con esa intención. Agardamos que vos guste, que leades algunha das propostas e que á volta nos contedes o que vos pareceron.

Picade AQUÍ para acceder ao texto en pdf, que poderedes inspeccionar con máis detemento.




RECOLLIDA DAS BIBLIOS DE AULA

O mes de xuño é de despedidas, recollidas e reflexións variadas. O traballo que non se ve tamén existe... dá mágoa comezar a recoller as biblios de aula, pero para o curso que vén volveremos poñelas ao dispor e, con algo de sorte, poderemos poñer algún puntiño de lectura máis.

Traballaremos con esa ilusión.












xoves, 9 de xuño de 2022

ROTEIRO PROXECTO ZOQUIÑAS VERMELLAS E VISITA A BUÑO

Algúns dos nosos alumnos e alumnas puideron visitar Buño de xeito guiado, grazas á colaboración de Fran (Gorín), que nos fixo reparar con outros ollos nos espazos da nosa contorna, que nos amosou como se fai unha peza tradicional e tamén nos fixo partícipes do proxecto Zoquiñas Vermellas, co cal puidemos colaborar ao realizar unhas cantas pezas. Este roteiro puido realizarse grazas ao Proxecta Donas de si, que este curso se desenvolveu no noso centro.

Na igrexa de Buño hai unha lámpada ben especial
Hai ben fornos tradicionais sementados por Buño

Proxecto zoquiñas vermellas

Placa informativa do proxecto
 

Algunhas das zoquiñas sairán destas mans

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


Este roteiro rematou no Centro de Artesanía e Tradición de Buño, onde puidemos atender as exposicións que se mostran e ver o vídeo do proxecto Non canto por cantar, que, á parte de encantarnos, gozamos intensamente por recoñecer nel protagonistas ben familiares. Que o patrimonio inmaterial da zona nunca se perda é un traballo no que todos e todas queremos implicarnos! Recomendámosvos pasar polo centro a todos cantos vos acheguedes pola contorna e, por suposto, a veciños e veciñas.


Traxes tradicionais


venres, 3 de xuño de 2022

NOVIDADES!!!

Chega o verán e chegan as novidades para recomendar, para ler estes días nas aulas, para levar e gozar de lecturas ao sol e ao aire libre... Que marabilla a lectura de verán!

E como sabemos que moitos e moitas tedes curiosidades infinitas, apostamos pola divulgación científica, histórica, lingüística... e tamén por explicar o que sucede no mundo por medio de materiais accesibles, atractivos e actualizados.

Estamos preparando non só as recomendacións senón unha exposición, para que todos e todas teñades a oportunidade de velos, tocalos, follealos e interesarvos.

Va que teñen boa pinta????