mércores, 20 de decembro de 2023

Recomendacións de lectura para o Nadal






Aquí vai o noso listado de recomendacións para ler en solitario, en familia ou coas amizades. Lembrade que os podedes pedir prestados antes de irvos de vacacións. 

Por un ano cheo de libros e lecturas! 


Recomendacións de lectura para o Nadal 

Club de lectura de familias: Engurras


 




Parabéns a Erishel!

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro, entregáronlle o agasallo a Erishel polo seu debuxo, unha actividade que xa ven sendo unha tradición por estas datas.

Os nosos parabéns a Erishel de 3º A! 







Club de lectura: A illa negra



 

Club de lectura: Avións de papel



    Nun recreo fixemos durante o mes de decembro o club de lectura con alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO sobre a obra Avións de papel. Permitiunos reflexionar sobre o valor da amizade, a beleza e a arte. Gustou en especial a compoñente de misterio sobre o personaxe de Hopper. Tamén nos permitiu reflexionar sobre o artista americano. 
O noso agradecemento á biblioteca do IES Maximino Romero de Baio por prestarnos os exemplares. 

 

Exposición "Nós somos elas"

 







Club de lectura: A increíble viaxe polo corpo humano





 

venres, 8 de decembro de 2023

Encontro con Héctor Pose

O luns 27 de novembro tivemos o encontro con Héctor Pose na biblioteca municipal Blanco Amor ás 18.15 h. 

Alí estiveron as nais do noso club de familias, alumnos e exalumnos do instituto e xente de Malpica. Nun primeiro momento falou da intrahistoria de algúns dos seus libros para despois centrarse n'A urna das cartas. Esta novela, aínda sendo completamente ficticia, inspírase na vila de Malpica e nun periodo muy concreto da postguerra. Foi unha obra valorada moi positivamente no noso club de lectura e máis desde o intre en que houbo xente que contou episodios reais, pola súa poeticidade, humor, compromiso histórico e a calidade dos collages que acompañan o texto. 

Para rematar este encontro, Héctor Pose falounos doutras novelas que xa ten escritas e que confía que vaian ao prelo en breve: O xardín interior e Corpos no mar




 

Encontro con Manuel Rey Pan

O luns 27 de novembro Manuel Rey Pan acudiu ao noso instituto para ter un encontro co noso alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de ESO dos clubs de ciencia e de lectura entre as 15 e as 16 h. 

Durante unha hora falounos dun xeito ameno do que lle levou a estudiar xornalismo e decantarse pola divulgación científica. Centrouse tamén nos seus tres libros, SCA36: El mal sin cura de la Costa da Morte, Pioneiras da Ciencia en Galicia e Historias fascinantes da ciencia en Galicia.  As dúas últimas escribiunas conxuntamente con Eduardo Rolland. Cada obra xurdiu da súa inquedanza por atopar unha resposta a algo que lle inquedaba. Rematado o encontro, puido gozar da exposición Mulleres na ciencia da Universidade de Vigo que tiñamos no noso instituto. 

O noso agradecemento sincero e entusiasta a Manuel Rey Pan polo seu relatorio e a doazón do seu primeiro libro!