11 febreiro 2025

 





Esta celebración que se conmemoracada 11 de febreiro trata de visibilzar e recoñecer o traballo das mulleres nos ámbitos das ciencias e incentivar a súa participación nestas áreas. Por este motivo, as nosas profesoras de ciencias expuseron na entrada do instituto para darlle visibilidade a este día.
 
 

 

03 febreiro 2025

 30 de xaneiro: "A nova escravitude do século XVI"


Esta charla abordou a trata de seres humanos con fins de explotación sexual, outra forma de violencia de xénero.

30 xaneiro 2025

 

30 de xaneiro: d

 

 Para celebrar  este día, cada titoría fixo as pombas que logo Soraya Varela, profesora de LC e de oratoria uniu cun fiou de lá e logo coa axuda da coordinadora da biblio colgaron na entrada do centro escolar.

No recreo, leuse un manifesto  realizado en oratoria polo alumnado de 3ESO e cantouse a canción de  Carlos Vives Color esperanza.

Parabéns a tod@s polo traballo realizado!!

Ademais, desde a Radio Area Maior quixemos facer a nosa aportación coa creación de cinco podcasts: 


a) A orixe desta efemérede.

https://drive.usercontent.google.com/download?id=11M488ZYbYuDA-s7JjnFUybE8Y8dlrTtz&export=download&authuser=0 

 

b) Algúns dos tratados de paz máis importantes. 

https://drive.usercontent.google.com/download?id=1ZWm42mH-x45LAtyKCz3nbdHkU1Pg5RyY&export=download&authuser=0

 

c) Recitado de poemas en galego. 

 

d) Recitado de poemas en castelán. 

https://drive.usercontent.google.com/download?id=1waeq0glY5anp1u4EcfSxhcVvnLpt4lTm&export=download

 

e) "Imagine" de John Lennon.

https://drive.usercontent.google.com/download?id=1RN_kHT7vZUQDIsMogB0FPRFX92qBtHqH&export=download&authuser=0

27 xaneiro 2025

 23 de xaneiro: charla sobre" Publicidade sexista"

 

  

Esta charla trata sobre a violencia de xénero e o sexismo: na publicidade, nos medios audiovisais e nas redes sociais. Asistiu o alumnado de 3ESO e 4ESO e tivo unha moi boa acollida.

13 xaneiro 2025

Presentamos as portas,con esta montaxe realizada polo director do centro.


 As portas gañadoras foron : 4PDC, 1ESO A e 1ESO B

                        4PDC

 

                        1ESO A

 

                           1ESO B

Parabéns a tod@s polo traballo realizado!!

 

A continuación, o alumnado de 3ESO e 4ESO bailo e houbo pezas musicais, tocadas coa flauta por parte do laumnado de 2, 3 e 4ESO. Para concluir, todo o centro, alumnado e profesorado , cantou unha panxoliña. 

Foi un día ben bonito!!


 

 

 

16 decembro 2024

 Recomendacións literarias para o nadal:

Esperamos que os libros escollidos vos gusten e desexámosvos  unhas felices festas !




13 decembro 2024

DÍA 20 DE DECEMBRO: CINEMA DE ANIMACIÓN NO INSTI

O 20 de decembro teremos as vacacións de Nadal e, dentro das actividades que imos propoñer para animar a xornada de convivencia, encóntranse a nosa tradicional chocolatada ofrecida pola ANPA, o concurso de portas decoradas, as tarxetas dos bos desexos e algunha que outra sorpresa musical e de baile. Ao comezo da mañá, ofreceremos unha sesión de cinema de animación en versión orixinal simultánea en varias salas.

Deixámosvos por aquí o cartel e recordamos que cada película ten un aforo máximo, polo que haberá unhas follas diante da conserxería para que cadaquén se anote ao longo da semana na película que quere ver ese día. 

As persoas que non se anoten, irán para a sala que teña menos aforo completado. Bulide elixir para que non quededes sen ver a que vos encha máis o ollo!!!



12 decembro 2024

 Para este NADAL,

 O equipo da biblioteca decidiu decorar a biblioteca. Encargouse  de desempeñar este 

traballo Soraya Varela e desde francés, segunda lingua estranxeira, o 

alumnado de 1 e 2ESO realizou as postais navideñas escritas en francés.

 Ademais, para o día 20 imos propoñer unha sesión de cinema de animación en

versión  orixinal simultánea en varias aulas. Logo, teremos a tradicional chocolatada ofrecida 

pola ANPA. Despois, escollerase a porta mellor decorada e a continuación habrá algunha 

que outra sorpresa musical con cantos de panxoliñas e bailes. 

Finalmente, o equipo de biblioteca non  esqueceu de facer as recomendacións literarias para 

este Nadal.





11 decembro 2024

Visita de Caxoto dentro das actividades previstas co gallo do 25N


Unha actividade que levamos a cabo grazas á colaboración da ANPA foi a visita de Caxoto, que chegou para contarnos uns contos sobre a igualdade de maneira divertida e diferente o habitual. 

Gustoulle moito á gran maioría do alumnado e a todo o profesorado que tivo a sorte de poder asistir. 

Caxoto dálle unha voltiña ao tema da presenza ou máis ben ausencia das mulleres nos contos de transmisión popular, un borrado que se produciu ao longo da historia e que agora, cunha perspectiva máis moderna, se intenta emendar.

02 decembro 2024

Encontro con Arantza Portabales


O luns 2 de decembro tivemos o privilexio de contar coa visita de  Arantza Portabales ao noso instituto. Durante dúas horas a autora achegounos ao seu universo literario, compartindo anécdotas sobre a súa traxectoria, o proceso creativo e os segredos que se agochan tras as súas obras máis destacadas, como Beleza Vermella ou Deixe a súa mensaxe despois do sinal.

O alumnado participou activamente, formulando preguntas que abrangueron desde o inicio da súa paixón pola escritura ata as dificultades e recompensas de ser unha voz destacada na literatura galega, estatal e mundial.

Sen dúbida, foi unha experiencia inesquecible que nos deixou con ganas de seguir descubrindo novos mundos a través da lectura. Grazas, Arantza, por compartir connosco o teu talento e a túa paixón pola palabra!