Para este NADAL,
O equipo da biblioteca decidiu decorar a biblioteca. Encargouse de desempeñar este
traballo Soraya Varela e desde francés, segunda lingua estranxeira, o
alumnado de 1 e 2ESO realizou as postais navideñas escritas en francés.
Ademais, para o día 20 imos propoñer unha sesión de cinema de animación en
versión orixinal simultánea en varias aulas. Logo, teremos a tradicional chocolatada ofrecida
pola ANPA. Despois, escollerase a porta mellor decorada e a continuación habrá algunha
que outra sorpresa musical con cantos de panxoliñas e bailes.
Finalmente, o equipo de biblioteca non esqueceu de facer as recomendacións literarias para
este Nadal.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!