venres, 13 de decembro de 2024

DÍA 20 DE DECEMBRO: CINEMA DE ANIMACIÓN NO INSTI

O 20 de decembro teremos as vacacións de Nadal e, dentro das actividades que imos propoñer para animar a xornada de convivencia, encóntranse a nosa tradicional chocolatada ofrecida pola ANPA, o concurso de portas decoradas, as tarxetas dos bos desexos e algunha que outra sorpresa musical e de baile. Ao comezo da mañá, ofreceremos unha sesión de cinema de animación en versión orixinal simultánea en varias salas.

Deixámosvos por aquí o cartel e recordamos que cada película ten un aforo máximo, polo que haberá unhas follas diante da conserxería para que cadaquén se anote ao longo da semana na película que quere ver ese día. 

As persoas que non se anoten, irán para a sala que teña menos aforo completado. Bulide elixir para que non quededes sen ver a que vos encha máis o ollo!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!