mércores, 11 de decembro de 2024

Visita de Caxoto dentro das actividades previstas co gallo do 25N


Unha actividade que levamos a cabo grazas á colaboración da ANPA foi a visita de Caxoto, que chegou para contarnos uns contos sobre a igualdade de maneira divertida e diferente o habitual. 

Gustoulle moito á gran maioría do alumnado e a todo o profesorado que tivo a sorte de poder asistir. 

Caxoto dálle unha voltiña ao tema da presenza ou máis ben ausencia das mulleres nos contos de transmisión popular, un borrado que se produciu ao longo da historia e que agora, cunha perspectiva máis moderna, se intenta emendar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!