24 novembro 2022

25 N


 















    Ademais destes textos poéticos, poderás escoitar unhas conversas en inglés, inspiradas nos elementos da exposición. 







21 novembro 2022

Inma López Silva: "As Rosalías no teatro galego".

O xoves 17 de novembro gozamos da presenza de Inma López Silva, profesora na ESAD en Vigo, poeta, novelista e ensaísta, na nosa biblioteca. Abordou á faceta menos coñecida de Rosalía, a de actriz e música, pasando a reflexionar sobre a peza dramática homónima de Otero Pedrayo e as dúas versións escénicas que delas fixo Roberto Vidal Bolaño co Centro Dramático Galego. Para adornar o encontro tivemos un cartaz que nos prestou Paco, da editorial Positivas. Vaia o noso agradecemento aos dous. 

Como lembranza deste encontro quédanos tres exemplares firmados da autora: Concubina, 
Chámame señora pero trátame coma un señor e O libro da filla.

Esta actividade inclúese no programa "¿Por qué leer a los clásicos?" do Ministerio de Educación e Cultura.









15 novembro 2022

Experimentos na biblio


O martes 15 de novembro tivemos na biblioteca un pequeno laboratorio con dous experimentos, un dos actos para conmemorar o mes da ciencia. Marcos, Irene e Alba demostráronos e explicáronos como se consegue o campo magnético que move unha rosa dos ventos e como se consegue a división cromática. Canto aprendemos!

    
                                       





E o martes 23 tivemos durante o recreo a segunda tanda de experimentos na biblioteca para comemorar o Mes da Ciencia. En concreto, fixemos o da imantación de papeliños e tamén conseguimos un arco da vella ben fermoso. Grazas a Natalia, Marcos, Patricia, Irene, Yeray, Marcos por realizalos e explicárnoslos e aos que vos achegastes para descubrir os logros! 

                                                 









13 novembro 2022

Sesión de formación: radio na biblio

 

O luns 14 de novembro teremos a primeira sesión do seminario de formación do alumnado e profesorado. Centrarémonos na creación de contidos para a radio e nesta ocasión acompañaranos a poeta e profesora Rosalía Fernández Rial, do CPI Cabana de Bergantiños. Será unha forma diferente de apender nunha tarde de luns! 


Rosalía Fernández Rial fíxonos pasar unha tarde estupenda na biblioteca. Seguindo o fío das bibliotecas escolares deste ano, a escritura creativa, contamos a nosa propia versión do afundimento do mercante fruteiro Banora en Camariñas. 

Ocorreu o 18 de novembro de 1965 e considerouse un naufraxio feliz en tanto que non houbo vítimas mortais e sempre se lembra a chegada ás costas de Camariñas e Muxía de 1.600 toneladas de laranxas, recollidas despois en carros, carretas e sacos polos aldeáns. As pequenas laranxas marroquís do Banora encheron os cabanotes das casas da zona. Por mor da masiva inxesta de cítricos houbo frecuentes diarreas entre a veciñanza e outra xente da comarca. 

Pois ben, inspirándonos nesta historia, deunos tempo a crear o guion, ensaiar un pouco e baixar á emisora a gravar toda a ficción! Grazas a todas e todos por participar! Grazas, Rosalía, por compartir connosco esta tarde de luns diferente! 







 




08 novembro 2022

Gañadoras e gañadores


 

As gañadoras e gañadores dos diferentes concursos da biblioteca son:

 

Cazatesouros “Manuel María”:

Pablo Varela Añón (1º B)

Marcos Señorís (4º B)

Iago Canizás Trigo e Gabriel Pérez Suárez (2º PMAR) polo seu bo recitado.


 

Concursos de escritura creativa de Samaín:

Elexías:

1º B

Oliver Martínez Varela

2º A

Ángela López Trigo


2º B

Mireia Couto Baamonde

 

Microrrelato de medo:

1º A

Carla Busto Varela 


1ºB

Moisés Pérez Verdes



 

Día das Escritoras:

Recitadoras e recitadores do Día das Escritoras:

1º B

Iker Veiga Varela


 

2º B

Estrella Ramos Aldao


3º A

Miguel Bermúdez Varela

Parabéns a todos por participar! 





 

06 novembro 2022

Club de lectura de familias

 

Os luns 21 e 28 de novembro tivemos o club de lectura de familias de 15 h a 16 h e de 18 h a 19 h, respectivamente. A obra elexida é As ramonas de Ana Cabaleiro, novela gañadora do Premio de Novela Manuel García Barrios no ano 2018. 


Neste club, e seguindo o lema das bibliotecas escolares deste ano, ademais do intercambio de opinións orais recolléronse as opinións por escrito. Un retrato de Ana Kiro presidiu a mesa no club de hoxe, porque era a sintonía que escoitaban Moncha e Mona mentres ían no coche. O humor, a ironía, a sinxeleza, a estrutura, a presenza do rural nunha obra con inxenio foron moitos dos trazos dos que falamos! Todos e todas nos rimos lendo as adversidades que lle ocorreron á grande artista Mona Otero! Grazas a todas pola vosa participación! 









Mes da Ciencia


O
 manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.

Á biblioteca Manuel María chegaron hoxe dúas exposicións itinerantes, “Morcego de Galicia” de CEIDA e “Recursos naturais de Galicia” da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, da Universidade de Vigo. Vaia o noso agradecemento ás entidades colaboradoras e ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía. 

Asemade, disporemos dunha maleta viaxeira literaria inspirada en temas de Bioloxía e Xeoloxía, tamén de CEIDA, coa que enriquecer a oferta da “Hora de ler” nos grupos de 1º ESO.

Desde a biblioteca iremos diseñando diferentes actividades. Grazas a Pino, Patricia e Irene pola súa implicación como voluntarias da biblioteca á hora de montar os cartaces! 

Imos aló!






Club de lectura

O venres 28 de outubro, aproveitando que tivemos a exposición sobre Manuel María no instituto, celebramos o club de lectura “Manuel Manuel: Poemas ó outono”, Foi nunha hora de lecer, co alumnado de 4ºB. Permitiunos analizar a simboloxía, o amor pola terra e a riqueza dos seus versos. Léronse varios versos seus e eliximos un poema para figurar na entrada da biblioteca. 

Con el pechamos as actividades do mes da biblioteca ao tempo que devolvemos a exposición. Queremos agradecer a Antón, o dinamizador da Casa-Museo Manuel María a súa atención e amabilidade. 






 

25 outubro 2022

Marilar Aleixandre, Premio Nacional de Narrativa 2022

Marilar Aleixandre foi galardoada hoxe co Premio Nacional de Narrativa 2022 pola súa obra As malas mulleres, editada por Galaxia. Sucede a Xesús Fraga, premio nacional o ano pasado pola súa novela Virtudes (e misterios). 

Parabéns desde o noso equipo da biblioteca! Podedes levar prestados varios dos seus libros que temos! Será a mellor maneira de descubrila.