O manifesto para este ano 2022, baixo o título "O deber de coñecer e transmitir a nosa historia científica" abrirá moitas rutas de traballo e investigación coas que poder berrar "Terra á vista" desde as nosas bibliotecas escolares.
Á biblioteca Manuel María chegaron hoxe dúas exposicións itinerantes, “Morcego de Galicia” de CEIDA e “Recursos naturais de Galicia” da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, da Universidade de Vigo. Vaia o noso agradecemento ás entidades colaboradoras e ao departamento de Bioloxía e Xeoloxía.
Asemade, disporemos dunha maleta viaxeira literaria inspirada en temas de Bioloxía e Xeoloxía, tamén de CEIDA, coa que enriquecer a oferta da “Hora de ler” nos grupos de 1º ESO.
Desde a biblioteca iremos diseñando diferentes actividades. Grazas a Pino, Patricia e Irene pola súa implicación como voluntarias da biblioteca á hora de montar os cartaces!
Imos aló!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!