domingo, 13 de novembro de 2022

Sesión de formación: radio na biblio

 

O luns 14 de novembro teremos a primeira sesión do seminario de formación do alumnado e profesorado. Centrarémonos na creación de contidos para a radio e nesta ocasión acompañaranos a poeta e profesora Rosalía Fernández Rial, do CPI Cabana de Bergantiños. Será unha forma diferente de apender nunha tarde de luns! 


Rosalía Fernández Rial fíxonos pasar unha tarde estupenda na biblioteca. Seguindo o fío das bibliotecas escolares deste ano, a escritura creativa, contamos a nosa propia versión do afundimento do mercante fruteiro Banora en Camariñas. 

Ocorreu o 18 de novembro de 1965 e considerouse un naufraxio feliz en tanto que non houbo vítimas mortais e sempre se lembra a chegada ás costas de Camariñas e Muxía de 1.600 toneladas de laranxas, recollidas despois en carros, carretas e sacos polos aldeáns. As pequenas laranxas marroquís do Banora encheron os cabanotes das casas da zona. Por mor da masiva inxesta de cítricos houbo frecuentes diarreas entre a veciñanza e outra xente da comarca. 

Pois ben, inspirándonos nesta historia, deunos tempo a crear o guion, ensaiar un pouco e baixar á emisora a gravar toda a ficción! Grazas a todas e todos por participar! Grazas, Rosalía, por compartir connosco esta tarde de luns diferente! 







 




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!