Co gallo da celebración do Día do Libro 2024, publícase a Resolución do 19 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se recoñece á escritora Artantza Portabales co Premio dos Clubs de Lectura 2024, que se concede anualmente ao autor ou autora galega máis lida, segundo as bases do premio, polos clubs de lectura participantes na convocatoria de Clubs de Lectura durante o curso precedente 2022/23.
Ata a actualidade recibiron este galardón os escritores Agustín Fernández Paz (2015), Ledicia Costas (2016), Miguelanxo Prado (2017), Carlos Negro (2018), María Reimóndez (2019), Andrea Maceiras (2020), Eva Mejuto (2021), Antía Yáñez (2022) e Manuel Núñez Singala (2023).
Na biblioteca temos Deixe a súa mensaxe despois do sinal, incluído na narrativa negra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!