domingo, 5 de maio de 2024

Actividades mes de maio

Exposicións:

Luísa Villalta.
 
Juana de Vega, do 15 ao 30 de maio. Fundación Juana de Vega. A Coruña. En colaboración coa concellaría de Educación e Cultura de Malpica. Inaugurarase hoxe ás 19 h. 
 
Recital poético:
Emma Pedreira. Venres, 10 de maio, ás 18 h na biblioteca municipal Eduardo Blanco Amor en colaboración coa concellaría de Educación e Cultura de Malpica. 

Presentación: 
Luns, 21 de maio, ás 10.45 h. Do libro As crebas da memoria, de Olga Rodríguez, ex directora do CEIP Milladoiro.  Actividade proposta dende a Concellaría de Educación e Cultura de Malpica. 
 
Taller de formación:
Martes, 28 de maio, de 16 h a 20 h taller de radio "Manexo do Audactiy", do PFPP  "Polos creativos". Con Óscar e Fina do IES Maxmino Romero de Baio.

O martes 14 de maio acudirei a unha xornada de formación de asistencia obrigatoria en Santiago de Compostela de 10 h a 20 h sobre Clubs de lectura. Ogallá veña con ideas novas! 
 
Clubs de lectura:
1º ESO e 2º ESO: Melodía de palabras, de María Canosa. Luns, 13 de maio, ás 15 h. 
Familias: o cómic La memoria del olvido, de Paco Roca, ás 18 h. Luns, 27 de maio, ás 18 h. 

Club de xadrez: 

Luns, 13 de maio de 15 h a 16 h. 

 
Radio na biblio:
Creacións de pódcasts sobre Luísa Villalta. 

Falando cos do club de xadrez. 

Talking about books. 
 
Conmemoracións: 
17 de maio dedicado a Luísa Villalta.
 
Hora de ler: 
Día 8 - 1ª hora
Día 15 - 2ª hora
Día 22 - 3ª hora 
Día 29 - 4ª hora 









 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!