mércores, 1 de maio de 2024

Club de lectura de nais: Una madre de Diana Aradas

O luns 29, dentro das actividades do mes do libro, tivemos o encontro en liña con Diana Aradas, autora da novela Una madre, ás 18 h. 

Despois de ter varios libros de poesía premiados, debuta na novela coa súa primeira novela, recoñecida co XXXV Premio de narrativa breve da Universidade de Sevilla. 

Este libro xurda da escrita doutra novela da que se foi independizando. Diana Aradas comentounos que era unha homenaxe á súa sogra. De feito, a portada do libro pertenece ao seu arquivo persoal e nela vese a Silvina e ao seu fillo cunhas sombras. 

Valorámola moi positivamente no noso club, en especial, a poeticidade. A presenza do mar e das aves débense ás lecturas da autora que, como nos dixo neste encontro, xurdiron case dun xeito natural. 

Grazas por esta conversa connosco, Diana! 












Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!