Onte tivemos na biblioteca Eduardo Blanco Amor o encontro con Alberto Mancebo. Era o noso club de lectura dos luns. Moi amablemente respondeu a todas as preguntas e comentarios sobre a súa primeira novela O que me quedaba por dicirche.
Aínda que esta obra se xestou durante a pandemia, non viu a luz ata este verán. Afástase todo o posible do xornalismo e da vida do autor. Xoán, un informático de 25 anos, a quen lle gustan as filloas sen mel, vive unha serie de acontecementos que o fan ir madurando: a súa historia con Paula, a lembranza dos seus avós, o reencontro cun pai ausente... Contén páxinas de auténtico lirismo máxico.
Poderedes escoitar en "Voces de Bergantiños" a entrevista previa que lle fixo Fran Rodríguez e que se publica en La Voz de Galicia.
Grazas a María Jesús, Sonia e Dina, tres das integrantes do noso club de familia, alumnado, exalumnos, pais e nais por acudir ao encontro na biblioteca de Malpica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!