Onte mércores Shara, a nosa auxiliar de conversa de Inglés, estívonos axudando a editar algunha das gravacións de Tintín co programa Audacity. Ademais, estivemos gravando efectos sonoros de apertura e peche de caixóns e portas. Shara entusiasmouse desde o momento en que lle pedimos a súa colaboración. Cando ela estudou a Secundaria tiñan unha emisora de radio no seu instituto...
Seguro que aprenderemos moito contigo, Shara! A big thank you!
Polo de agora temos esta montaxe provisional da ficción sonora creada polo alumnado do proxecto competencial de 3º na que se recrea unha escena de Los cigarros del faraón de Hergé. Tintín é detido por Fernández e Hernández. Premede nesta ligazón para escoitala:
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!