Aquí van as actividades programadas para novembro, mes da Ciencia en galego e do Día internacional contra a violencia de xénero.
- Exposicións:
b. “Compañeiras do mar e do ceo”. CEIDA. DATAS: do 7 ao 24 de novembro.
c. “Mulleres na Ciencia”. DATAS: do 15 ao 30 de novembro. Organismo: Exxperimenta en feminino da Universidade de Vigo.
- Maletas viaxeiras:
b. "Banda deseñada Secundaria", procedente da asesoría de bibliotecas da Xunta de Galicia. DATAS: do 10 de novembro ao 8 de decembro.
- Encontro con…:
a. Alberto Mancebo, xornalista da TVG. Luns 13 de novembro ás 18.15 h na biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica. Presentará a súa primeira novela O que me quedaba por dicirche, publicada en Xerais.
b. Manuel Rey, un dos coautores de Historias fascinantes da ciencia en Galicia, publicada en Edicións Embora. Luns, 27 de novembro, ás 15 h. Falará co alumnado do club de ciencias e dos clubs de lectura.
c. Héctor Pose, profesor da UDC. Luns, 27 de novembro, ás 18.15 h na biblioteca Eduardo Blanco Amor de Malpica. Centrarase na súa traxectoria literaria e na súa última novela A urna das cartas, publicada en edicións Hércules.
Colaboramos tamén coa biblioteca municipal de Coristanco, que presentará estes libros durante os meses de novembro e decembro.
- Efeméredes:
a. Mes da Ciencia en galego.
b. 25N, día internacional contra a violencia de xénero. “A muller na guerra”.
Nas horas de titoría poderíanse realizar varias actividades, visionado de curtametraxes, crear contidos sonoros ou ver algunha película, facer manualidades relacionadas coas dúas efeméredes.
- Clubs de lectura:
Este mes quero conmemorar na biblioteca o cadraxésimo aniversario do falecemento de Hergé así que leremos varios dos cómics de Tintín (grupos de tres ou catro alumnos, segundo os exemplares que teñamos na biblioteca) que reforzarán as lecturas elixidas no plan lector de 1º e 2º de ESO.
DATA: 21/11/2023
Hora: de 11.15 h a 11.45 h.
O que me quedaba por dicirche, de Alberto Mancebo.
DATA: 13/11/2023
Hora: de 18 a 19 h.
A urna das cartas, de Héctor Pose.
DATA: 27/11/2023.
Hora: de 18 a 19 h.
- Clubs de ciencia e Tangram na biblioteca:
Durante varios recreos do mes faranse clubs de ciencias na biblioteca con experimentos. Esta actividade xurde da colaboración cos departamentos de Bioloxía, Xeoloxía e Física e Química.
Creación de figuras con Tangram.
- Creación de podcasts:
a.“Talking about books” (alumnado de 1º e 2º ESO).
b. Ficción sonora “As aventuras de Tintín” (3º ESO).
c. “As astrónomas. Muller e ciencia” (3º ESO).
- Cinefórum
Xénero: Longametraxe de animación. Do cómic á pantalla. A finais de novembro, unha vez superado o periodo de exames:
Tintín no espazo e Obxectivo a Lúa (1º e 2º de ESO) durante dúas sesións de Lingua castelá e literatura.
Tintín e o segredo do unicornio (3º ESO) durante dúas sesións de Lingua castelá e literatura.
- Hora de ler
Día 8 - 5ª hora
Día 15- 6ª hora
Día 22 - 1ª hora
Día 29 - 2ª hora
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!