O mércores, 14 de abril puiden asistir ao programa en directo que realizaron con Radio Nordés (Cadena SER) na biblioteca do IES Eduardo Pondal de Ponteceso. Alí participou nunha tertulia sobre política e xuventude o noso exalumno Daniel Fariña, quen está a cursar primeiro de Bacharelato.
Parabéns aos compañeiros de Ponteceso e dun xeito especial a Eva Tizón e a Jorge Cea por este convite! Confiemos nas futuras colaboracións conxuntas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!