Dentro do Mes do Libro, o martes aproveitamos a nosa "Hora de ler" para ver a exposición sobre El camino, de Miguel Delibes. Cada texto garda relación cos debuxos realizados polo autor para a edición norteamericana feita en 1960 da novela. A vindeira semana, Elisa Delibes, presidenta da Fundación Miguel Delibes, seguro que nos ha de contar a historia destes debuxos.
Desde o equipo da biblioteca e do departamento de lingua castelá, animámosvos a que a vexades e leades os textos!
Queremos agradecerlle en primeiro lugar á Fundación Miguel Delibes a súa amabilidade e eficacia por facer posible que a exposición chegase dende Valladolid ata Malpica, á biblioteca municipal González Garcés da Coruña por prestarnos os expositores e ao concello de Malpica por axudarnos co seu traslado. Tamén ao CPI As Revoltas e ao IES Eduardo Pondal de Ponteceso por implicarse nesta aventura.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!