Este ano celebrarase o luns 17 de outubro e o lema elixido é "Antes, durante e despois da guerra". Desde a biblioteca Manuel María daremos visibilidade a aquelas escritoras galegas que por algún motivo tiveron que loitar para que a súa voz sexa escoitada.
O xoves 13, os alumnos de 4º de ESO terán a oportunidade de visitar a exposición da actriz galega María Casares na Coruña. A partir de aí leremos unha pasaxe da súa obra.
Había unha vez unha guerra.
Despois da guerra, quedamos sen fogar.
"Non importa", dixo a miña nai. "Temos un coche".
Fomos vivir no coche.
Desde entón, vivir era viaxar.
Paula Carballeira, O principio (Kalandraka, 2012)Como vos anunciamos, puidemos ler fragmentos das memorias de María Casares Residente Privilexiada , aproveitando a visita a Casa-Museo Casares Quiroga da Coruña o xoves 13 de outubro. Paula Añón e Martín Cancela foron os encargados de darlle voz fronte ao seu retrato.
O propio día 17 recitamos en diferentes formatos, ben con audios ben con lecturas en diferentes partes do instituto, concedéndolle o protagonismo á escrita en galego. Grazas aos nosos recitadores e recitadoras!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!