O luns 24 de outubro, e coincindo co día das bibliotecas, tivemos o primeiro club de lectura do curso, o de Harry Potter, co alumnado de 1º de ESO, e grazas a el, démonos conta de que non temos a saga completa na nosa biblioteca (traxedia!). Non vos preocupedes porque faremos todo o posible para telo!
Principalmente centrámonos nos dous primeiros títulos da saga, Harry e a cámara segreda e Harry e a pedra filosofal. Durante unha hora deunos a oportunidade de intercambiar opinións sobre este clásico xuvenil, ler diferentes pasaxes, seguir o fío da exposición na nosa biblio e explicar elementos, responder a preguntas do grupo rival e compartir opinións.Da lembranza deste día quédanos un novo xogo de mesa do que poderes gozar no tempo de lecer! Emprazámonos para o seguinte club!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!