Este curso imos aproveitar que non se pode saír moito da casa e os rapaces e as rapazas do club de lectura van continuar as súas lecturas durante o tempo de lecer e das vacacións.
|
O que sei do silencio xunto con Nacho Camacho: dúas maneiras ben diferentes de enfrontarse á vida...
|
Para que todos e todas levasen ao seu gusto, diversificamos as lecturas e, ademais, seguiremos en contacto vía telegram para recomendarnos lecturas, para intercambiar opinións e, se é posible, para continuar vivindo e gozando das experiencias lectoras desde múltiples perspectivas.
|
Un de nós mente xunto con Wolfram... a intriga está servida nos dous casos!!!!!
|
Ademais, como agasallo polo ben que están cumprindo todas as normas e o ben que levan que os clubs este ano sexan tan virtuais, vailles cada lectura cun agasalliño: unha bolsa, un caderno, un marcapáxinas e unha chapa... Continuando na liña da sensibilización pola Igualdade que traballamos de xeito transversal desde o centro.
|
Teatro e banda desañada estilo xaponés, unha para esmendrellarse imaxinando a escena e outra para gozar de imaxes e textos!!! |
O luns faremos a repartición na biblioteca e a voar... Felices lecturas!!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!