Desde a biblioteca e xunto cos departamentos de linguas e titorías puxemos en marcha unha caixiña de bos desexos para entregar xunto cos boletíns o último día antes das vacacións (merecidas) de Nadal.
Este curso resultounos a todos un pouco raro e xa case nos afixemos ao distanciamento físico para preservarmos a nosa saúde.O alumnado está cumprindo e dando leccións en cada recuncho de Galicia, polo que ben merecemos sentir que o estamos a facer ben, a pesar do que se bota a faltar ver as risas, as apertas, compartir a merenda e lermos coas cabezas pegadas.
![]() |
Que emoción!!! |
Levamos unha semaniña coa caixa aberta e así seguirá ata o venres, así que podedes entregar na biblio as postais de bos desexos, que serán ben acollidas!
![]() |
Algunhas sonche ben paveras! |
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!