30 xaneiro 2024

Club de lectura dobre

Onte luns 29 de xaneiro tivemos un club de lectura dobre co alumnado do primeiro ciclo da ESO con dúas obras da banda deseñada galega recente. Irene, a porteira, de Xulia Pisón, foi valorada moi positivamente. Considerámola unha obra apta para un público amplo. 




23 xaneiro 2024

Club de lectura: Infamia de Ledicia Costas

Onte luns día 22 de xaneiro tivemos o noso club de nais na sesión das 18 h. Parolamos e intercambiamos opinións sobre Infamia, de Ledicia Costas, lectura obligatoria en 4º de ESO. 

Foi cando menos curioso que a ninguén nos gustase. A autora quixo meter demasiadas tramas e subtramas que lle fixo perder forza narrativa; presenta demasiados clixés que temos visto en series e outras novelas. Resultounos unha historias xa vista, moi próxima a sucesos reais non moi lonxanos. A violencia excesiva, as escenas escatolóxicas e uns personaxes que non acaban de perfilarse de todo fixo que non a valorásemos positivamente. O final de Infamia resultounos abrupto, trazo que non vai acorde co desenvolvemento pausado do resto da trama. 

Temos varios libros da autora, entre eles, o seu último título, Golpes de luz, firmado por ela durante a Feira do Libro da Coruña en agosto do 2023. 









19 xaneiro 2024

Encontro con Yolanda Castaño

Onte tivemos a inmensa sorte de contar coa actual Premio Nacional de Poesía, Premio da Cultura Galega e Premio de Investigación Ramón Piñeiro Yolanda Castaño no noso instituto. 

Sabedes que somos o primeiro centro educativo que visita tras recibir estes premios? Despois de falarnos da poesía en xeral e da súa traxectoria en particular, impartiu un pequeno taller de poesía. Miguel de 4º A tivo a sorte de recitar ante ela o texto resultante desa escrita conxunta. Yolanda recitounos varios dos seus poemas e respondeu moi amablemente á pregunta que lle fixo Adim de 3º de PDC. Firmou todos os seus libros da biblioteca. 

A entrevista pode escoitarse en "Voces de Bergantiños", publicada no seu blog do mércores, 17 de xaneiro, e como resumo dela a nova publicada o venres 19 de xaneiro na edición dixital e impresa: 

Entrevista na Voz de Galicia

A raíz deste encontro, o alumnado de Proxecto Competencial de 3º recitou o poema "A casa de meus pais" do seu poemario Materia e aqueloutro de Gabriel Aresti no que se inspirou tomándoo de contraexemplo. 

Grazas, Yolanda Castaño, por aceptar o noso convite! 







Actividades xaneiro 2024


 

  1. Encontro con…:

 
A poeta Yolanda Castaño.

Premio Nacional da Poesía 2023 polo seu poemario Materia. 
Premio da Cultura Galega 2023.
Premio de Ensaio Ramón Piñeiro 2023. 
Premio da Crítica en Poesía Galega 2022.
Fundadora da Residencia Literaria 1863. 
Coordinadora de Di(n)versos. 

Estas son só unhas liñas dos seus trinta anos dedicados á poesía e á divulgación cultural.  

Foi traducida a máis de 30 idiomas e recibiu todos os premios máis prestixiosos da poesía. Chegará ao noso instituto despois de estar nunha residencia poética en Helsinki. 
 
Xoves, 18 de xaneiro ás 12.35 h para o alumnado de 3º de ESO (A, B e PDC) e 4º de ESO.

Agradézovos ao equipo directivo que publiquedes a nova nas redes sociais do instituto. 
 

  1. Clubs de lectura:

 
Alumnado de 1º e 2º de ESO: Irene, a porteira de Xulia Pisón. Luns, 29 de xaneiro ás 15 h.

Alumnado de 3º de ESO: Materia, de Yolanda Castaño. 
 
Familias: Infamia, de Ledicia Costas. Luns, 22 de xaneiro ás 18 h.
 
 

  1. Creación de podcasts:

 
Recitado de poemas de Yolanda Castaño.
Voces poéticas actuais das líricas galegas e castelá. 
Os xéneros radiofónicos. 
A escaleta.
 

  1.  Hora de ler

Día 10 - 5ª hora
Día 17 - 6ª hora
Día 24 - 1ª hora
Día 31 - 2ª hora

Club de lectura

 E rematamos o primeiro trimestre co club de lectura de 3º de ESO no que intercambiamos opinións sobre o libro María e máis eu de Miguel Gallardo. 



20 decembro 2023

Recomendacións de lectura para o Nadal






Aquí vai o noso listado de recomendacións para ler en solitario, en familia ou coas amizades. Lembrade que os podedes pedir prestados antes de irvos de vacacións. 

Por un ano cheo de libros e lecturas! 


Recomendacións de lectura para o Nadal 

Club de lectura de familias: Engurras


 




Parabéns a Erishel!

O alcalde de Malpica, Eduardo Parga, e a concelleira de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes, Noelia Freijeiro, entregáronlle o agasallo a Erishel polo seu debuxo, unha actividade que xa ven sendo unha tradición por estas datas.

Os nosos parabéns a Erishel de 3º A! 







Club de lectura: A illa negra



 

Club de lectura: Avións de papel



    Nun recreo fixemos durante o mes de decembro o club de lectura con alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO sobre a obra Avións de papel. Permitiunos reflexionar sobre o valor da amizade, a beleza e a arte. Gustou en especial a compoñente de misterio sobre o personaxe de Hopper. Tamén nos permitiu reflexionar sobre o artista americano. 
O noso agradecemento á biblioteca do IES Maximino Romero de Baio por prestarnos os exemplares.