Onte luns día 22 de xaneiro tivemos o noso club de nais na sesión das 18 h. Parolamos e intercambiamos opinións sobre Infamia, de Ledicia Costas, lectura obligatoria en 4º de ESO.
Foi cando menos curioso que a ninguén nos gustase. A autora quixo meter demasiadas tramas e subtramas que lle fixo perder forza narrativa; presenta demasiados clixés que temos visto en series e outras novelas. Resultounos unha historias xa vista, moi próxima a sucesos reais non moi lonxanos. A violencia excesiva, as escenas escatolóxicas e uns personaxes que non acaban de perfilarse de todo fixo que non a valorásemos positivamente. O final de Infamia resultounos abrupto, trazo que non vai acorde co desenvolvemento pausado do resto da trama.
Temos varios libros da autora, entre eles, o seu último título, Golpes de luz, firmado por ela durante a Feira do Libro da Coruña en agosto do 2023.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!