O luns 27 tivemos o noso club de lectura de familias de 18 h a 19 h na que intercambiamos opinións sobre a novela El jardín de Emerson. Valoramos moi positivamente a súa escritura aínda que a reflexión sobre a literatura e a memoria nos convenceu menos. Consideramos moi superior e a unha grande distancia Lluvia fina, todo un referente na narrativa castelá contemporánea. Como broche de ouro a esta sesión do club de lectura foi recibir a Chiki Fabregat ás 19.15 h. Benvida, Chiki!
27 febreiro 2023
Club de lectura: El cofre de Nadie, de Chiki Fabregat
Como antesala á chegada de Chiki Fabregat ao noso instituto quixemos facer un club de lectura cos alumnos e alumnas de 1º de ESO coa súa novela El cofre de Nadie, merecedora do premio SM Gran Angular de narrativa xuvenil 2021, de 15 a 16 h. Foi un club cargado de emoción e nerviosismo ante a inminente chegada da autora!
26 febreiro 2023
Día de Rosalía
Durante o recreo do venres 24 conmemoramos o Día de Rosalía coa versión de "Adiós, ríos, adiós, fontes". O acompañamento musical púxoo Antía de 1º A e as voces Ángela de 2º A e Irene de 4º A. Grazas a todas!
Ímonos de voda!
Maleta viaxeira naturalista CEIDA
Día mundial da Radio
O luns 13 de febreiro, un grupo de alumnos de 3º A puideron conmemorar o día mundial da radio na emisora RadioVoz Bergantiños con Fran Rodríguez. Alí opinaron sobre as diferentes ligas de fútbol. Confiemos en que pronto poidamos xerar contidos desde a nosa emisora. Parabéns aos participantes!
13 febreiro 2023
Encontro con Chiki Fabregat
O martes 28 de febreiro teremos o pracer de recibir a Chiki Fabregat no noso instituto. Foi merecedora do Premio Gran Angular 2021 (Editorial SM) coa obra El cofre de Nadie, incluída no proxecto lector do noso instituto.
Esta actividade é posible grazas ao programa Encontros literarios con autores do MEC.
A gañadora do Premio Angular de Narrativa SM intercambiará opinións co alumnado de 1º A e 1º B e 3º A en dúas sesións diferentes.
Lembrade que o luns 27 teremos un club de lectura centrado na súa obra de 15 a 16 h. Podedes coller prestados na biblioteca os novos exemplares adquiridos.
Grazas, Chiki!
12 febreiro 2023
Logo e nome da radio
O luns 13 de febreiro será o Día Mundial da Radio e para conmemoralo abrimos un prazo para buscar o nome e o logotipo da radio do centro. Animádevos a participar inspirándovos en Malpica e na súa contorna así como en Urbano Lugrís ou en Manuel María.
Tedes de prazo ata o luns 27 de febreiro. Grazas pola vosa participación!





































.png)
.png)