21 maio 2025

 Día das letras galegas : 17 de maio, pero celabrámolo o 20 de maio

  Este ano, conmemorouse as cantareiras e pandereiteiras da nosa língua e folclore galego. Sendo un acto tan especial e que nos toca tan de  cerca, quixemos volcarnos e xuntarnos moitos profesores do IES (LC, LG, matemáticas, plástica, polos creativos e  biblioteca). A idea saíu da compañeira de LG, Rocío Romar. Ela foi quen nos xuntou e dixo se queríamos facer un acto na igrexa de mens.  As descendentes das cantareiras asistiron e deron un pequeno discurso para homenaxelasao igual que o presidente de honra de Aturuxo, José Manuel Fernández.  Tamén, ao alumnado de 4ESO, fixeron  o proprio. Habrá pezas tocadas polo alumnado como a xota de Mens e a muñaira de Caión e unha ofrenda floral que tamén se levará a cabo desde o instituto. O concello e a ANPA, tamén quixeron apoiarnos e acompañarnos nun acto tan simbólico e bonito.





Aquí, temos a mostra do tríptico, marcapáxinas e pandereitas realizadas para este día!!

Grazas a tod@s por este gran traballo que rematou nun precioso día!!

Esperemos que contribuamos a seguir coa tradición oral!!

Esta actividade recolleuse na voz: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2025/05/21/span-langgl-comunidade-educativa-do-urbano-lugris-lembrou-as-seis-pandeireteiras-mensspan/0003_202505C21C6995.htm

 Tamén expusemos no corredor do priemeiro andar os carteis sobre as letras galegas desde ano.


 



29 abril 2025

Semana do libro e día do libro

 

Para celebrar este evento, organizouse encontros literarios ao longo de todo o curso 2024-25, pero  escollemos, máis concretamente,  este  mes de abril desde o club de lectura e o equipo da biblioteca escolar para  organizar a visita deste escritor ao centro e celebrar deste xeito a semana e o día do libro, dunha maneira moi orixinal.

O primeiro encontro foi o de  Arantza Portabales ao noso instituto o 2 de decembro 2024. https://www.blogger.com/blog/post/edit/4263242649539853001/78499669880060415

O segundo encontro, realizouse o luns 28 de abril, pola tarde. Celebramos este día coa presenza de Alfredo Blanco que nos veu falar do esu libro Un hogar par aRegaliz.  

 E rematamos cun terceiro encontro o 16 de xuño con Marta Villar.

Este encontro  celebrado o 28 de abril foi todo un éxito: moitas grazas por vir e motivar tanto ao noso alumnado.

 



 


10 abril 2025

 7 de abril: "Charla sobre o ciberacoso"


 Esta charla estivo dirixida o alumnado de 3 e 4 ESO. Foi representada como unha obra de teatro que gustou o noso alumnado.

24 marzo 2025

 Día da poesía: 21 de marzo

O alumnado de 4ESO de segunda lingua de francés quiso aportaruns poemas realizados en grupos de 3 ou 4 persoas na clase. Este é o resultado: 


 

O alumnado de 1ESO recolectou, para este día, refráns nas distintas linguas na materia de LC:

 



 

E desde a radio,

 Co gallo das Letras Galegas, creamos este podcast co que participamos no VII de podcast "Radio na biblio". O obxectivo deste proxecto xurdiu desde o momento en que soubemos que as pandereteiras de Mens serían homenaxeadas nas Letras Galegas.     

    Tras asesorarnos en diferentes libros que chegaron á nosa biblioteca sobre as cantareiras, quixemos crear un podcast de tipo documental na que se reivindicase a relevancia das cantareiras como informantes da cultura popular en Malpica, como o noso alumnado de Malpica se enriquece da formación musical nas asociacións culturais da contorna (Malante e Raigañas, entre outras). As cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas seguen vixentes a través das asociacións e as xeracións actuais.

Este traballo podería incluírse no apartado “Aspectos-biobibliográficos das mulleres homenaxeadas” polo seu afán de superación para acadar unha liberdade nun contexto masculinizado a través da música tradicional galega de Mens e tamén de Malpica. Pero tamén o legado que lles deixaron ás mozas da contorna, as súas netas e bisnetas. 

    Foi un proceso laborioso pero moi gratificante. 

Ademais, engadimos o  podcast co que participamos no VII concurso de podcasts "Radio na biblio".

 

https://correoweb.edu.xunta.gal/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&muid={5}INBOX12834&view_token=guvNzNNLyDVG14zeT9h81bV&uniq=1743498028376

 

 


19 marzo 2025

 Club de lectura: Os vellos non deben de namorarse

O alumnado de 4º de PDC tiveron a súa sesión do club de lectura esta semana. Os vellos non deben namorarse de Castelao, todo un clásico da literatura galega do s. XX, que mergulla no conflito entre os desexos humanos e as expectativas sociais.

A través da historia de amor entre tres anciáns e tres rapazas explora os prexuízos sobre a vellez e como a sociedade tende a rexeitar a idea de que os maiores tamén teñen dereito a sentir e amar. Castelao usa a ironía e a crítica social para mostrar a hipocrisía das normas que limitan a liberdade emocional das persoas maiores.


07 marzo 2025

 

8 MARZO : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER e SEMANA DA PRENSA

Para este día, Soraya Varela coa colaboración de polos creativos e da biblioteca fixo estas preciosa bonequiñas, en madeira. No cabelo destas, o alumnado insertou unha frase escollida para ocasión, ademais de confeccionarlle o vestido, mono ou pantalón con camiseta. Están colgadas na biblioteca
para poder lucilas como se merecen.

Ademais, desde oratoria  e PC (PROXECTO COMPETENCIAL) pediuselle ao alumnado de facer unha entrevista  sobre unha redeira da comarca para poder facerlle unha biografía. Esta actividade é a continuación da realizada para o 25N,  exposta no primeiro andar.  Recolle o traballo sobre as redeiras para dar visibilidade ao traballo efectuado polas mulleres da pesca.






Engadimos tamén un video: 

E finalmente, tamén, se expuso esta tira de banda diseñada sobre o tema.







28 febreiro 2025

 ENTROIDO 

 Celebramos este día con desfiles de comparsas por grupos ou por parellas.

Os gañadores foron  a clase de 1ESO A, un grupo de 4ESO B e a parella de 3ESO.



A continuación, os de 4ESO mostraron as coreografías realizadas en EF.




20 febreiro 2025

O 23 de febreiro conmemoramos o día de Rosalía de Castro
 




O alumnado de 1ESO realizou estos acrósticos, en lingua galega con Rocío Romar, para celebrar este día. E o de 2ESO realizou estos poemas con imaxes.
 

 

Parabéns polo voso traballo!!

18 febreiro 2025

ENTROIDO NO LUGRÍS

O Entroido xa está asomando e por aquí temos algunha idea para festexalo. É unha tradición moi nosa e que non queremos que se perda, así que, á parte de todo o que xa organiza o noso concello, imos ir comezando a semana antes a quecer motores.

Aquí vai a proposta de mandadiños do meco para a semana do 24 ao 28:


E velaquí a proposta para a última xornada antes de marchar correr o Entroido por aí abaixo.