luns, 24 de marzo de 2025

 Día da poesía: 21 de marzo

O alumnado de 4ESO de segunda lingua de francés quiso aportaruns poemas realizados en grupos de 3 ou 4 persoas na clase. Este é o resultado: 


 

O alumnado de 1ESO recolectou, para este día, refráns nas distintas linguas na materia de LC:

 



 

E desde a radio,

 Co gallo das Letras Galegas, creamos este podcast co que participamos no VII de podcast "Radio na biblio". O obxectivo deste proxecto xurdiu desde o momento en que soubemos que as pandereteiras de Mens serían homenaxeadas nas Letras Galegas.     

    Tras asesorarnos en diferentes libros que chegaron á nosa biblioteca sobre as cantareiras, quixemos crear un podcast de tipo documental na que se reivindicase a relevancia das cantareiras como informantes da cultura popular en Malpica, como o noso alumnado de Malpica se enriquece da formación musical nas asociacións culturais da contorna (Malante e Raigañas, entre outras). As cantareiras homenaxeadas nas Letras Galegas seguen vixentes a través das asociacións e as xeracións actuais.

Este traballo podería incluírse no apartado “Aspectos-biobibliográficos das mulleres homenaxeadas” polo seu afán de superación para acadar unha liberdade nun contexto masculinizado a través da música tradicional galega de Mens e tamén de Malpica. Pero tamén o legado que lles deixaron ás mozas da contorna, as súas netas e bisnetas. 

    Foi un proceso laborioso pero moi gratificante. 

Ademais, engadimos o  podcast co que participamos no VII concurso de podcasts "Radio na biblio".

 

https://correoweb.edu.xunta.gal/imp/view.php?actionID=view_attach&id=2&muid={5}INBOX12834&view_token=guvNzNNLyDVG14zeT9h81bV&uniq=1743498028376

 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!