30 abril 2026

M8 POR LER

Sabías que só o 8% dos libros que se venden en Galicia son na nosa lingua? Para cambiar esta cifra e facer que a lectura sexa algo moito máis divertido e compartido, naceu M8porler, unha plataforma que é moito máis ca unha simple web: é a primeira rede social do libro en galego.

Que podes facer en M8porler?

Se che gusta organizar as túas series ou películas en apps, isto vaiche encantar. En M8porler podes:

  • Crear a túa propia biblioteca virtual: Marca os libros que xa liches, os que estás ler agora e, sobre todo, os que queres ler no futuro.
  • Descubrir novidades: Atopa miles de títulos en galego de todos os estilos (cómic, novela, poesía, ensaio...).
  • Ser crítico/a literario/a: Podes puntuar con estrelas os libros e escribir a túa propia opinión para axudar a outros lectores a decidirse.
  • Conectar coa comunidade: Segue a autores, editoras e outros lectores (¡coma os teus amigos do cole!) para ver que están recomendando.

Ler non ten por que ser unha actividade solitaria. Grazas a esta iniciativa da Fundación Cultural Galega Xistral, agora temos un espazo propio onde o libro galego é o protagonista. É unha oportunidade xenial para descubrir historias que se cadra non coñecías e para demostrar que a mocidade tamén le (e moito) en galego.

Anímaste a crear o teu perfil? Pásate pola web, busca o teu libro favorito e localiza o perfil da biblioteca do centro. Vémonos entre as páxinas de m8porler.gal!




Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!