O luns 5 de febreiro grazas ao programa social de A Banca centrado na emigración tivemos a oportunidade e escoitar a tres persoas que viviron a emigración desde tres perspectivas distintas destinada a todos os grupos de 3º e a 4ºA.
Tres mulleres de Viveiro contaron as súas experiencias. Edelmira emigrou a Suíza na década dos 70 en compañía do seu home pero tivo que deixar o seu fillo maior na casa dos pais. María Jesús emigrou cos seus pais cando xa era nena e tivo que voltar sentíndose desarraigada por segunda vez; a formación que obtivo en Francia foi sólida e permitiulle superar con éxito a escolarización en Galicia. Luisa, pola súa banda, criouse cuns pais ausentes na casa dos avós. Viviu a emigración a Sudamérica por parte dos avós como a dos pais a Suíza.
Malia os contratempos e as ausencias, todas fixeron un balance positivo da emigración polo que lles supuxo: ingresos económicos e amplitude na perspectiva de miras.
O 8 de abril teremos a segunda parte do seminario e contamos para daquela ter no noso instituto a exposición sobre a emigración.
A emigración é unha liña temática que abordaron algunhas das obras da literatura castelá e galega como Cantares gallegos de Rosalía de Castro, Diario de un emigrante de Miguel Delibes ou as recentes Virtudes (e misterios) de Xesús Fraga e Azúcar de Bibiana Candia.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!