O luns 27 de novembro tivemos o encontro con Héctor Pose na biblioteca municipal Blanco Amor ás 18.15 h.
Alí estiveron as nais do noso club de familias, alumnos e exalumnos do instituto e xente de Malpica. Nun primeiro momento falou da intrahistoria de algúns dos seus libros para despois centrarse n'A urna das cartas. Esta novela, aínda sendo completamente ficticia, inspírase na vila de Malpica e nun periodo muy concreto da postguerra. Foi unha obra valorada moi positivamente no noso club de lectura e máis desde o intre en que houbo xente que contou episodios reais, pola súa poeticidade, humor, compromiso histórico e a calidade dos collages que acompañan o texto.
Para rematar este encontro, Héctor Pose falounos doutras novelas que xa ten escritas e que confía que vaian ao prelo en breve: O xardín interior e Corpos no mar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!