O luns 23 de outubro tivemos o club de lectura co libro Ronia de Astrid Lindgren, traducido recentemente ao galego. Foi un libro moi ben valorado polo noso alumnado. O perfil de bandoleira de Ronia, intrépida aventureira, permítelle recoñecer os valores de vivir na natureza ao tempo que se relaciona con outros seres e loita contra certos inimigos, como as harpías.
Deste libro seleccionamos unha pasaxe na que se retrata o outono:
Ronia seguía indo ao monte como
era costume. Todo estaba moi tranquilo, pero a Ronia tamén lle gustaba o outono
para pasar tempo nos bosques. A carriza do chan estaba húmida, verde e mol
baixo os seus pés nus, había un cheirume a outono moi agradable e as pólas das
árbores brillaban coa humedén. Chovía con frecuencia e ela gustáballe sentar
anicada baixo unha póla espesa e ouvir as tranquilas pingas a caeren diante
dela. Ás veces caía unha bategada forte e todo o bosque murmuraba coa chuvia,
cousa que tamén lle gustaba. Mais así non se vían moitos animais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!