A CREACIÓN PROPIA. FERRAMENTAS, FORMATOS E COÑECEMENTO
O 9 de maio tivo lugar na biblioteca un obradoiro no que se plantexou, a partires da transfomación de conflictos a través da arte e o xogo, a idea de que calquera persoa pode ser creadora. Quedou demostrado que conceptos como o talento, a creatividade e a motivación moitas veces poden crear obstáculos ou complexos, mais todos eles están dentro de nós. Por este motivo, partindo dun poema de Rosalía, o alumnado explorou as verbas que emerxen e destacan dos seus versos e, ao mesmo tempo, puxeron en práctica a escritura automática e o debuxo sen ningún tipo de expectativa.
O principal obxectivo deste obradoiro foi poñer en valor o vivenvial e o coñecemento empírico como ferramenta de creación, ademais de ensinar os distintos formatos nos que se poden autoeditar as obras de creación propia. Neste caso, a creación final que se levou a cabo foi un fanzine colectivo.
Dende aquí agradecémoslle a Irán Aranxa a súa entrega e os coñecementos aportados.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!