venres, 1 de abril de 2022

E CELEBRAMOS A SEMANA DO TEATRO!

    Como este ano o Día Mundial do Teatro caeu en domingo, estivemos de teatreiros esta semana. Desculpen, vostedes, a demora! Como vos anticipamos, esta foi a semana do teatro no IES Urbano Lugrís! Boa parte das clases de Lingua galega, Lingua castelá e o club de lectura impartímolos na biblioteca! Grazas a toda a comunidade do centro por facer isto posible! A partir da semana que vén daremos a coñecer o alumnado gañador do noso concurso de micropezas teatrais! 

 





    Onte día 4 de abril tivemos, dentro da “Semana do Teatro” na biblioteca Manuel María, o noso club de lectura, dedicada nesta ocasión á figura de García Lorca. Aínda que nos centramos na obra Yerma, tamén puidemos intercambiar opinións sobre outras pezas dramáticas posteriores inspiradas na produción do xenial dramaturgo. 

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Agradecemos todos os comentarios, só un apuntamento, non os deixes de xeito anónimo e sé educado e construtivo!